Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
EN MELIDE
Iván Aragunde proclámase vencedor da V Copa de España de Rastro sobre Coello
24/04/2018

Coincidindo coa celebración das probas internacionais para cans de rastro, a localidade coruñesa de Melide acolleu unha nova edición da Copa de España de Rastro sobre Coello, unha proba que despois dun parón de seis anos volve coarse no calendario para quedar. 

Organizada pola Real Federación Española de Caza, en colaboración coa Federación Galega de Caza e a Sociedade de Cazadores de Melide, contou coa participación dun total de 27 lotes, composto cada un por un total de catro cans, que competiron ao longo da mañá do domingo 22 de abril, repartidos en 7 campos, en quendas dunha hora. 

Ás 7:00 horas comezaron a acudir os primeiros participantes e xuíces a Melide, e unha vez que todos os cazadores inscritos chegaron procedeuse ao sorteo de campos e quendas de competición. Sobre as oito da mañá participantes e xuíces dispuxéronse a partir cara aos campos, que foran seleccionados estratexicamente co fin de que neles houbese a presenza suficiente de coello, para poder así asegurar que todos os lotes tivesen as mesmas oportunidades, sobre todo despois de que nos últimos meses minguaran bastante as poboacións de coello na zona, debido a un brote da enfermidade vírico- hemorráxica. 

A xornada desenvolveuse sen incidencias, sendo só destacables as dificultades climatolóxicas debido ás altas temperaturas para esta época do ano, sumadas a que unha gran parte do coello está entobado criando, o que provocou que non en todos os campos vísense grandes persecucións, aínda que en todos moveuse caza. 

Clasificación 

Sobre as dúas da tarde comezaron a chegar os primeiros cazadores ao momento de encontro, que sería o mesmo lugar no que se realizaría a comida de confraternidade, e unha vez realizado por parte dos xuíces o reconto e suma de todas as puntuacións, procedeuse a dar a clasificación final desta V Copa de España de Rastro sobre coello, que quedou da seguinte maneira: 

  • Primeiro clasificado e vencedor da proba: Iván Aragunde Coira, acompañado das súas catro cadelas mestizas ‘Rosa’, ‘ Lori’, ‘Sara’ e ‘Cris’, que obtiveron un total de 514 puntos. 
  • Segundo: Antonio Cámara Jiménez, acompañado dos seus catros bassets Fauves de Bretagne. Este participante proveniente da serra de Guadarrama obtivo de 505 puntos, con ‘ Silona’, ‘Meniña’, ‘Chupa’ e ‘Leo’. 
  • Terceiro clasificado, e completando o pódium, Diego Varela, cos seus beagles ‘ Argo’, ‘ Buga’, ‘Islandia’ e ‘Eivissa’, que lograron un total de 500 puntos. 
  • Cuarto: Ramón Torreiro, cos seus 4 cans de raza Beagle, que alcanzaron 495 puntos. 
  • Quinto: Alfonso Rey Baulde, acompañado dos seus 4 beagles, que obtiveron 491 puntos. 
  • Sexto: Manuel Pombo Bouzón, quen cos seus 4 beagles fixo un total de 485 puntos. 
  • Sétimo: José Javier Suarez Rama, coas súas 4 beagles, que obtiveron 481 puntos. 
  • Oitavo: José Méndez, cos seus 4 cans de raza beagle que lograron un total de 472 puntos. 
  • Noveno: Antonio Seijo, cos seus 4 beagles que anotaron 471 puntos. 
  • Décimo: Cristóbal Cacheda, cos seus 4 petits basset griffon venden que obtiveron 470 puntos. 

A mellor cadela da proba foi a basset Fauve de Bretagne, de nome ‘Meniña’, propiedade de Antonio Cámara, que logrou un total de 140 puntos e unha cualificación de Moi Bo. 

Os xuíces encargados de valorar os traballos destes 108 cans, repartidos en 27 lotes, foron José Moure, Mario Deus, Francisco Vázquez, Miguel Cambeiro, Óscar Caamaño e José Manuel Pallas. 

Desde a Real Federación Española de Caza queremos agradecer á Sociedade de Cazadores de Melide, o excelente trato dispensado a organización e participantes, así como darlles o parabén polo bo desenvolvemento esta V Copa de España de Rastro de Coello que estivo patrocinada por Mutuasport, Maxam, Río, GB, Saga, Cinegética, Olivos Solidarios, Avis, Hart, LaLiga4 Sports, Beretta e Nissan Navara.

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza