Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
COMUNICADO FGC
A caza do raposo, máis que un control poboacional
2/2/2018

No presente comunicado a FGC quere amosar que a caza do raposo conleva un control poboacional da especie para garantir as súas óptimas densidades no ecosistema actual. Un ecosistema no que a presenza do home o modifica e no cal se precisa o control de determinadas especies como por exemplo o corzo, o xabaril e neste caso o raposo en beneficio de outras especies silvestres.

A caza do raposo é unha actividade sostible e legal, perfectamente lexislada e baixo unha estrita regulamentación, e non deixa de ser unha ferramenta máis de xestión ambiental ao mesmo tempo que a FGC, dende fai máis de 10 anos, e grazas a un convenio de colaboración coa USC preocúpase polo estado sanitario dos raposos e en consonancia o resto de especies do ecosistema galego cos que convive este depredador. 

Para elo a FGC traslada o seguinte informe:

A xestión das especies silvestres conleva numerosas actuacións encamiñadas a manter as poboacións en equilibrio co medio no que se atopan e o control sanitario. Excesos de poboacións supón a competencia polos recursos que ofrece o hábitat ata esgotalos e riscos sanitarios pola transmisión de enfermidades (tanto entre silvestres como cos animais doméstico e seres humanos). En calquera caso, debemos ter presente que canto maior é unha poboación compartindo un territorio maior competencia existe entre os individuos polo territorio, o alimento etc. e tamén maior contacto existe entre eles. Todo elo orixina un risco maior de enfermar e de transmitir a enfermidade no medio natural. (Lembremos a título de exemplo o grave problema de queratoconjuntivitis ou de sarna que sofren, en algúns lugares de España, certas poboacións cinexéticas).

A actividade cinexética ofrece unha excelente oportunidade para recoller datos e mostras que permitan valorar de forma inequívoca tanto a densidade, pirámide poboacional como estado sanitario das especies. Neste sentido, a Federación Galega de Caza, consciente da importancia de xestionar as especies cinexéticas para acadar un aproveitamento óptimo dos recursos e minimizar os riscos, dende fai máis dunha década, ven colaborando e propiciando estudios sobre a poboación e estado sanitario das especies cinexéticas, con acordos e convenios con entidades como a USC. 

Neste caso concreto do raposo, unha das preocupacións xurdidas fai anos era a densidade de poboación e a súa evolución ao longo do tempo. Neste sentido, ante a falta de datos estableceuse un control para establecer a cota anual de capturas que permitiran o aproveitamento cinexético adecuado e á vez evitaran sobrepoboacións que incidiran negativamente no desenrolo de outras especies por predación ou a transmisión de enfermidades. Á vez estudáronse tanto os factores que condicionan a densidade de raposos en Galicia, como a alimentación dos mesmos (en sendos traballos académicos de tesiña na USC que obtiveron a máxima cualificación académica). Recordemos a título de exemplo os amplos esforzos que realizan os países europeos para o control e vacinación de raposo na loita fronte a rabia, da cal afortunadamente a Península Ibérica está libre actualmente, non así os nosos veciños europeos ni no norte de África. 

Este control poboacional e aproveitamento cinexético, baseado nos datos dos anteriores estudios (publicados parcialmente en “o Raposo en Galicia” ISBN 13.978-84-691-9081-4), foi moi eficaz e correcta pois a poboación mantense en densidades aceptables que permiten un adecuado aproveitamento. Neste sentido, rexeitamos absolutamente as críticas vertidas en redes sociais por algúns conservacionistas, que opinan que “o control cinexético non serve de nada porque segue habendo zorros”. Tal vez o que ocorre é que quenes verten esas afirmacións descoñecen absolutamente os principios da xestión e o aproveitamento cinexético, pois en absoluto se trata de eliminar a especie, ao contrario, tratase de que exista unha densidade adecuada cun bo estado sanitario e que conviva e interactue co resto de especies coas que comparte o hábitat sen impedir o normal desenrolo. O contrario sería unha mala xestión que poría en perigo tanto á poboación de raposos como o equilibrio do hábitat.

O raposo, por outra parte, é un excelente “BIOINDICADOR” do que ocorre no hábitat tal e como establecen Capó (2002) no seu tratado sobre Principios de Ecotoxicología,  diagnóstico, tratamento e xestión do medio ambiente, o Tataruch e Kierdorf (2003), en Mammals as bioindicators. Bioindicators and biomonitors, entre outros.

Cabe destacar neste sentido, que a partires dunha destas colaboracións no estudio do estado da poboación de zorros, un equipo de científicos españois examinou os datos de zorros roxos (Vulpes vulpes) en Galicia, para coñecer por primeira vez, a situación medioambiental desta rexión e comparar os resultados cos obtidos noutros exemplares europeos. O estudio foi publicado en “Toxicological & Environmental Chemistry“.

Outras datos sobre diferentes aspectos fisiolóxicos e sanitarios dos raposos foronaportados a diferentes foros internacionais como  EUROTOX,  International Symposium on Wild Fauna, Rencontres du G.E.E.F.S.M.;ou publicados en revistas de recoñecido prestixio científico como Toxicology Letters, Toxicological & Environmental Chemistry, que en ningún caso teñen a mínima sombra de posuír ningún interese cinexético, pero si o maior interese científico.

Un aspecto de máxima importancia é a actual corrente a “One Health”, dito en español “Una Salud”, respaldada por todos os expertos mundiais en sanidade e saúde. Este concepto de “unha soa saúde” estendeuse na derradeira década, aínda que en realidade fai máis de un século que a comunidade científica acepta sen paliativos que a saúde humana e a sanidade dos animais domésticos e silvestres están moi relacionados e a súa vez vinculada aos ecosistemas. 

Destacados organismos internacionais como a OIE, a OMS e a FAO crearon sistemas de información mundial sobre as enfermidades que sofren os animais, creando tanto o Sistema Mundial de Información Zoosanitaria WAHIS, como o sistema GLEWS (Global Early Warning System). Todo isto non é máis que o reflexo da gran importancia que adquire a información e o control das enfermidades en animais silvestres, domésticos e os seres humanos, baixo o concepto inequívoco de que a saúde é única e compartida, aceptando que a enfermidade flúe entre os silvestres, domésticos e humanos sen que existan barreiras infranqueables entre eles.

As enfermidades de orixe animal, sobre todo as que máis poden afectar ao home ou as que xeran maior alarma social, como por exemplo a gripe aviar, rabia, brucelose ou equinococosis representan un importante risco para a saúde humana en todo o mundo; pero tamén hai que ter en conta o intercambio de patóxenos entre os animais domésticos e silvestres, con graves consecuencias sanitarias e económicas (por exemplo: peste porcina, febre aftosa). 

Por todo elo, o control dos patóxenos zoonóticos (transmisibles animal-home e viceversa) pódense realizar de forma máis eficaz no animal que nos humanos por múltiples razóns. Este é o motivo polo que calquera programa de prevención sanitaria debe establecerse na interfaz home-animal-ecosistema.

Sensibles a esta estratexia, a Federación Galega e Caza, dende fai máis de unha década, ademais de exercer as súas competencias en aspectos federativos da caza, presta especial atención á xestión das especies e colabora activamente con diversos grupos de investigación en temas relacionados coa sanidade da xestión tanto das especies cinexéticas como do Medio Ambiente.

Pese á presenza de voces discordantes de animalistas que pretenden o abandono da gandería, caza, etc.  e debuxan un mundo idílico e irreal; Non podemos nin debemos abandonar a xestión das especies, nin despreocuparnos do estado sanitario, ni abandonar as medidas preventivas ni, permanecer alleos ao que nos rodea, pois o resultado pode ser nefasto tanto para os perxuízos económicos como pola emerxencia de enfermidades nos animais e nos homes. 

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

ASEMBLEA XERAL - CURSOS FORMACIÓN
02/12/2024
Unanimidade nos acordos da Asemblea Xeral e entrega dos Diplomas dos Cursos de Formación

MUTUASPORT - ARTEMISAN - RFEC
29/11/2024
Os cazadores federados invirten na defensa da caza e conservación das aves migratorias

AFECTADOS DANA
11/11/2024
Os cazadores españois doan 24.000€ aos afectados pola DANA

PROXECTO ARCEA
21/10/2024
Gran aportación dos cazadores galegos para o censo das arceas


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza