Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ARCEAS CORU脩A
Dom铆nguez Agulleiro campi贸n provincial
23/1/2018

O pasado sábado 20 de xaneiro disputábase o Campionato Provincial de A Coruña de Caza de Arceas 2018 que era acollido polos terreos do Tecor de Castromaior – A Gracia organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración con dita sociedade de cazadores.

Ata un total de 23 arceeiros cos seus fieis compañeiros caninos tentaron dar caza as arceas. Unhas arceas que a estas alturas da tempada entrañan unha enorme dificultade a súa caza. Mostra delo e as máis de 15 avistadas e tan so 3 cazadas.  

Rematada a proba e feita a entrada en control de tódolos participantes era o cazador José Constantino Dominguez Agulleiro o que se proclamaba campión provincial con 1 arcea. Co mesmo número de arceas pero en segunda posición remataba Manuel Candela Rama. Xa con 1 arcea Francisco Martínez Pensado era o terceiro clasificado.

Xunto con estes tres primeiros clasificados, os cazadores Javier López Cendan, José Manuel Martínez Pensado e Oscar Suárez Ventoso conforman a selección provincial de A Coruña que representará a dita provincia no Autonómico de Arceas 2018.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
14/04/2025
Manuel Pi帽eiro con 鈥淶idane鈥 ga帽ador en Ferrolterra

PROVINCIAL CORU脩A PERCORRIDOS CAZA
07/04/2025
Antonio Iglesias proclamouse campi贸n provincial de percorridos de caza

XABARIL KARSITA
07/04/2025
O monteiro Francisco Rodeiro acada o primeiro posto con 鈥淧istolas鈥 en Vilagarc铆a

XABARIL SALVAXE CODESEDA
01/04/2025
Rub茅n G贸mez con 鈥淪il鈥 campi贸ns en Codeseda


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza