Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
II COPA FEDERACIÓN
Cans de parada e arceas en Noia e Lousame
4/12/2017

O pasado sábado 2 de decembro disputouse a segunda edición da Copa Federación de Cans de Parada sobre Arcea organizada pola Federación Galega de Caza. Un paso mais dado pola FGC para o fomento dos cans de mostra sobre arcea, onde os becadeiros conversaron e intercambiaron opinións sobre as arceas, sobre os cans e sobre a súa caza, que tanta paixón levanta nos derradeiros anos nos cazadores de pluma.

Coa colaboración da sociedade de cazadores de Lousame – Noia coa cesión dos seus terreos tiña lugar esta segunda edición na que a abundancia de arceas non foi a desexada pero si a boa participación con 26 cans dos cales 3 correspondían a razas continentais e 23 a británicos.  

Destacar a participación da setter inglés femia de nome “Gerpa de Reinadama” de José Manuel Pallas que obtivo unha cualificación de 1ºMB, o setter inglés macho “Pecas” de José Manuel Cancela Rama tamén obtivo unha cualificación de 2º MB e foi nomeado como mellor promesa. 

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CANS DE PARADA LUGO
10/03/2025
Cans de Parada no Tecor Terra Chá

CANS DE PARADA SOBRE ARCEA
11/02/2025
A setter inglés “Gala da Brisa†de Higinio Rodeiro foi a mellor calificada

AUTONÓMICO E PROVINCIAIS RAPOSO
27/01/2025
O equipo coruñés “Os da Baladoira†foi o gañador no Autonómico de Cans de Rastro sobre Raposo

PROVINCIAL ARCEAS OURENSE
21/01/2025
O título de campión provincial foi para Ivan Ãlvarez coa setter “Trinaâ€


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza