XXXI Campionato Provincial de Pontevedra de Caza Menor con Can
O pasado sábado 28 de outubro disputouse nos terreos do Tecor pontevedrés Rías Baixas – Vilanova de Arousa, o Campionato Provincial de Pontevedra de Caza Menor con Can organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra en colaboración con dita Sociedade de Cazadores.
O campionato transcorreu sen imprevistos pero baixo unhas condicións de moita calor que dificultaron e lastraron os avistamentos e capturas apesares de que o terreo dispoñía de caza para que se produciran máis lances.
Foi o cazador José Antonio Vasconcellos Vicente o que co seu can “Mimo” obtivo o primeiro posto ao chegar ao control cunha perdiz e un pombo que ao cabo lle serviría para ser o novo campión provincial con 700 puntos. En segunda posición, e tamén cunha perdiz e un pombo, remataba José Antonio Domínguez Fernández co seu can “Golfo” e 700 puntos. En terceira posición, remataba Baltasar Sobreira Torres co seu can “Zas” e unha perdiz capturada que lle reportaban 550 puntos.
No tradicional xantar de irmandade tivo lugar a entrega de premios por parte das autoridades alí presentes entre as que se atopaba o Xefe provincial de Deportes, Daniel Benavides así como directivos da Sociedade de Caza e da FGC en Pontevedra co seu presidente Francisco Couselo ao fronte.
Acudirán ao Campionato Autonómico da especialidade en representación da provincia de Pontevedra, os tres primeiros clasificados citados anteriormente mais os seguintes cazadores: Julio González e Ero Martínez.