Cunha participación cativeira comparándoa coa que soe competir nas outras provincias galegas, pero coa mesma ilusión, empeño e deportividade dos participantes, e tendo de escenario un Tecor de luxo, o pasado sábado 21 de outubro cazadores ourensáns disputaban entre as 9 da mañá e a 1 do mediodía en terras do municipio ourensá de Os Blancos, o Campionato Provincial de Caza Menor can. Catro horas de exercicio nas que se capturaron un total de 9 pezas (6 paspallás, 1 parrulo, 1 lebre e 1 perdiz). Resultados que foron etiquetados polos protagonistas de “moi bos” para os tempos cinexéticos que corren.
CLASIFICACIÓN
- 1º e Campión, Jaime Pintos Davila (Os Blancos), con 750 puntos (1 parrulo e 1 perdiz)
- 2º e subcampión, Mikel Álvarez, con 460 puntos (1 lebre 1 paspallás)
- 3º, Abel Andrés Otero, con 200 puntos (2 paspallás)
- 4º, Rubén Martínez, tamén con 200 puntos (2 paspallás)
- 5º, Jorge Vázquez, con 100 puntos (1 paspallás)
Como novidade salientar a entrega de trofeos no mesmo posto de control. Particularidade que foi acollida moi ben polos presentes. Tamén destacar a espléndida organización por parte da Federación Galega de Caza en Ourense e o Tecor de Os Blancos, o bo tempo reinante e as atencións recibidas por parte do federativo Manuel Feijoo Castro, así como de Alfonso García Rodríguez, presidente do Tecor e tenente de alcalde, de Miguel García Rodríguez, un colaborador nato; de José Martínez Dorrío (Garda Rural) e de Abel Arana (directivo social).
Dicir por último, que o tradicional xantar de confraternización serviu de broche final ao acontecemento deportivo e que a Produtora Lumavisión Galicia, una vez máis, rodou unha ampla reportaxe do acontecemento que se pode ver na propia canle de You Tube da produtora, na páxina web da Federación e Vía Tv. A todo isto engadir que noticias e fotografías do encontro venatorio foron subidas puntualmente as redes sociais polo equipo de Lumavisón Galicia segundo se ían producindo.