Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RASTRO DE COELLO
O lote propiedade do pontevedrés Cristobal Cacheda campión galego en Pazos
11/10/2017

O pasado sábado 7 de outubro disputouse a fase final do Campionato Galego de Cans de Rastro sobre Coello organizado pola Federación Galega de Caza en colaboración coa Sociedade de Caza de Pazos de Borbén en Pontevedra. 

Foi este Tecor pontevedrés, o escenario desta XXVII edición do Campionato Galego de Cans de Rastro sobre coello. Unha xornada marcada polas altas temperaturas impropias desta época do ano e que lastrou o traballo dos lotes de cans. A nota positiva púxoa a boa densidade de coellos existentes nos diferentes campos da proba e que fixo desfrutar do campionato tanto a público como participantes, cans e organización; poñéndolles as cousas moi complexas aos xuíces

Destacou o lote propiedade do pontevedrés Cristobal Cacheda Chouza composto polos cans “Blanca, Chispa, Ramiro e India” adxudicándose o título de Campión Galego con 440 puntos. Con 417 puntos, o subcampionato era para Iván Aragunde Coira, tamén de Pontevedra, cos cans “Susi, Rosa, Lori e Cris”. Os cans “Hix, Pol, Eros e Fofur” propiedade de Oscar Esparis Agra de A Coruña facíase co terceiro posto da clasificación final con 413 puntos. 

O can “Ramiro” propiedade do campión Cristobal Cacheda Chouza era galardoado como Mellor Can da proba cun total de 115 puntos.

Un xantar de irmandade onde se respiraba caza polos catro costados e a entrega de premios por parte das autoridades alí presentes, entre as que se atopaban Roberto Carlos Costa Tellado, representante da Sociedade colaborada, Francisco Couselo Castiñeira, presidente da FGC de Pontevedra e Javier Nogueira Diz, presidente da FGC, puxo o punto e final a esta XXVI edición do Campionato Galego de Cans de Rastro sobre Coello.

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza