Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
COMUNICADO DA FGC
O TSJ de Madrid da a razón ás sociedades expulsadas de Galicia
27/09/2017

No ano 2014, en pleno conflito coa Real Federación Española de Caza (RFEC) tralas eleccións do ano 2012, os, naquel momento, dirixentes da Federación Española expulsaron a tres sociedades galegas que formaban parte da asemblea xeral da RFEC, concretamente ás sociedades de caza Xabarín (A Coruña), Monte Penamaior (Lugo), e Xungos (Ourense). 

A Federación Galega de Caza (FGC) e as sociedades de caza afectadas entendendo que as expulsións nin se axustaban a dereito nin obedecían a criterios obxectivos, senón que se producían dentro do marco da disputa que mantiña enfrontadas a 8 federacións autonómicas, entre elas a FGC, e a Nacional,  recorreu aos tribunais de xustiza, e, tras diversas dilacións no procedemento, por fin o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid  ven de dar a razón ás sociedades galegas, anulando a expulsión e condenando en costas aos demandados (Real Federación Española de Caza e Ministerio de Educación, Cultura e Deporte).

A pesar de que a sentenza chega tarde, porque desde o pasado mes de febreiro a RFEC conta cun novo Presidente, que conseguiu poñer fin ao enfrontamento aberto polos seus antecesores e reunificar novamente a tódalas federacións do estado dentro da estrutura da RFEC, desde a FGC valoran moi positivamente a sentenza, que xa é firme. 

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

ASEMBLEA XERAL - CURSOS FORMACIÓN
02/12/2024
Unanimidade nos acordos da Asemblea Xeral e entrega dos Diplomas dos Cursos de Formación

MUTUASPORT - ARTEMISAN - RFEC
29/11/2024
Os cazadores federados invirten na defensa da caza e conservación das aves migratorias

AFECTADOS DANA
11/11/2024
Os cazadores españois doan 24.000€ aos afectados pola DANA

PROXECTO ARCEA
21/10/2024
Gran aportación dos cazadores galegos para o censo das arceas


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza