A Federación Galega de Caza (FGC), ven de publicar o calendario dos vindeiros cursos de formación de cazadores e responsables de sociedades de caza, que organiza en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
Durante os próximos meses a FGC realizará en tódalas provincias Cursos de Prevención da Siniestralidade na Caza, mediante os que se pretende formar aos cazadores en materia de seguridade na caza e primeiros auxilio; e este ano, como novidade, impartiranse tamén cursos de Formación dos Responsables das Sociedades de Caza dirixidos aos representantes das entidades asociativas, a través dos que se pretende formar aos directivos na xestión interna dunha sociedade de cazadores tanto en materia administrativa como no aproveitamento sostible dos recursos cinexéticos.
Data Celebración |
Denominación do Curso |
Lugar de celebración |
Data límite de inscrición |
29/09/2017 | Formación de Responsables de Sociedades | Pazos-Marcón (Pontevedra) | 25 setembro |
06/10/2017 | Seguridade na Caza e Primeiros Auxilios | Porto do Son (A Coruña) | 3 outubro |
07/10/2017 | Seguridade na Caza e Primeiros Auxilios | Pereiro Aguiar (Ourense) | 2 outubro |
07/10/2017 | Formación de Responsables de Sociedades | Pereiro Aguiar (Ourense) | 2 outubro |
20/10/2017 | Seguridade na Caza e Primeiros Auxilios | Pazos-Marcón (Pontevedra) | 16 outubro |
27/10/2017 | Formación de Responsables de Sociedades | Arteixo (A Coruña | 23 outubro |
03/11/2017 | Seguridade na Caza, Primeiros Auxilios e Formación de Responsables de Sociedades | Lugo (Lugo) | 30 outubro |
As inscricións -que son libres e gratuitas- poden realizarse por correo electrónico ou teléfono nas sedes das FGC das distintas provinciais, ou a través da seguinte ligazón: