A Federación Galega de Caza en Pontevedra ven de crear un rexistro gratuito de Cuadrillas de Caza Maior co fin de poder atender mellor as necesidades deste colectivo e ó mesmo tempo dotalas de aqueles requisitos máis imprescindibles para o desenvolvemento das súas actividades.
Se practicas a Caza Maior e a túa cuadrilla desexa darse de alta no rexistro de Cuadrillas da FGC de Pontevedra, pódelo facer de xeito gratuito cubrindo o formulario que se amosa na seguinte ligazón:
Descargar, cubrir e remitir por email a pontevedra@federaciongalegadecaza.com ou por fax 986 868 492
Para máis información chamar aos teléfonos:
- 986 852 300
- 629 746 007
- 630 143 075