Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
GALEGO ARCO
As mellores frechas galegas voaron en Soutomaior
29/8/2017

O pasado 27 de agosto disputouse en Soutomaior – Pontevedra -  o Campionato Galego de Percorridos de Caza con Arco organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración do Clube Cazarco.

No autonómico de Percorridos de Caza con Arco os participantes enfrontáronse a numerosas siluetas 3D dispostas en diferentes propostas a distancias variables. Propostas que fixeron que os mellores arqueiros galegos tiveran que afinar os seus arcos para acadar os primeiros postos do autonómico.

Na categoría de Arco Asistido o primeiro posto da clasificación foi para Rafael Ángel Nieto quen con 185 puntos se converteu no campión da proba. En segunda posición situouse o arqueiro Eloy Álvarez Couñago con 174 puntos. Con 171 puntos e en terceira posición clasificouse Álvaro Iglesias Lorenzo.

En Arco Tradicional o primeiro posto da proba foi para Abel López Lepiani con 221 puntos. Lee Ransdale con 209 e Jacobo Santore Lorenzo con 154 puntos, facíanse co segundo e terceiro posto respectivamente.

Na categoría de Damas Asistido foi Dolores Bugarín Codeseda a que con 163 puntos se convertía na campioa da proba. Seguiuna Marina Oliveira Amoedo en segunda posición con 108 puntos. Completou o podio a arqueira Mari Carmen Novoa Varela con 77 puntos.

Oscar Álvarez Couñago convertíase no campión da proba na categoría de Junior con 120  puntos. O arqueiro Ismael Figueroa subía o primeiro posto en Cadetes con 95 puntos.

Coa suma dos puntos das diferentes probas puntuables a clasificación do campionato galego resultou do seguinte xeito:

Na categoría de Arco Asistido o primeiro posto da clasificación foi para o pontevedrés Ángel Villaverde Balado quen se converteu no novo Campión Galego da especialidade. En segunda posición situouse o tamén arqueiro da provincia de Pontevedra Rafael Ángel Nieto. E en terceira posición e medalla de bronce clasificouse Juan Carlos Fernández.

En Arco Tradicional o primeiro posto do Campionato Galego foi para Jacobo Santore Lorenzo. Carlos Rama Rodríguez e Lee Ransdale, facíanse co segundo e terceiro posto respectivamente.

Na categoría de Damas Asistido foi Dolores Bugarín Codeseda a que se convertía na nova Campioa Galega. Seguiuna Mari Carmen Novoa Varela en segunda posición e medalla de prata. Completou o podio a arqueira Marina Oliveira Amoedo co bronce.

Oscar Álvarez Couñago convertíase no Campión Galego na categoría de Junior con 28  puntos. O arqueiro Marcos Gómez Dacosta e Abel López Arias, tíñanse que conformar coa segunda e terceira posición respectivamente.

En Cadetes o primeiro posto era para Ismael Figueroa seguido de José Couñago.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA ARCEA
23/12/2024
Iván Ramos coa setter “Sira” acada o título autonómico de caza de arceas

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza