Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RASTRO XABARIL OURENSE
Salvador Sestelo gañador da proba e Manuel Vecino Campión Provincial
12/6/2017

Tal e como estaba pactado, o sábado, día 10 de xuño, celebrábase nos montes da Rúa e máis concretamente na zona coñecida como A Serra, o provincial ourensán de cans de rastro atrelados sobre xabaril. Proba clasificatoria para o Autonómico da especialidade na que competiron unha ducia de cans de varios puntos da xeografía galega, resultando gañador absoluto o pontevedrés Salvador Sestelo co can  “Pumuky” e un total de 208 puntos.

Seguiulle en méritos o can “Piloto” con 207 puntos, tamén de Sestelo Núñez. Mentres a terceira praza acadaba Manuel Fernández Vecino, con 189 puntos, resultando a vez campión provincial o que lle proporciona o pase o Galego da modalidade.

O exercicio disputouse entre as 10 da mañá e as 2 da tarde. O nivel a dicir do coruñés e xuíz único do evento, Emilio Vila, quen por certo anunciou a súa retirada da arbitraxe,  o nivel foi alto “xa que os escenario era moi duro e a calor abafante”, precisou.

Como ven sendo habitual, coñecidos os resultados levouse a cabo o xantar de confraternización e clausura, rematando coa entrega de premios. E falando de rematar, non podemos facelo sen dárllelas grazas publicamente ao presidente la Sociedade anfitrioa, José Miguel Pérez, pola súa amabilidade e atencións das que tódolos presentes fomos partícipes. O torneo estivo dirixido polos federativos José Castro Rivela e Manuel Feijóo.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
14/04/2025
Manuel Piñeiro con “Zidane” gañador en Ferrolterra

PROVINCIAL CORUÑA PERCORRIDOS CAZA
07/04/2025
Antonio Iglesias proclamouse campión provincial de percorridos de caza

XABARIL KARSITA
07/04/2025
O monteiro Francisco Rodeiro acada o primeiro posto con “Pistolas” en Vilagarcía

XABARIL SALVAXE CODESEDA
01/04/2025
Rubén Gómez con “Sil” campións en Codeseda


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza