As vindeiras fins de semana do 17 e 18 de xuño as instalacións de tiro da FGC de Ourense estarán abertas en horario de 10 a 14 horas.
Será necesario preinscribirse na Federación de Caza de Ourense para poder participar, dado que é imprescindible que se realicen como mínimo 25 series para realizar a tirada. De non acadarse esta cifra a organización resérvase o dereito de cancelar a tirada. Tamén será necesario contar coa correspondente documentación regulamentaria en vigor no momento das tiradas.
Para inscribirse na fin de semana do 17 e 18 de xuño o prazo remata o vindeiro xoves día 15. Os interesados deben chamar á FGC en Ourense 988 221 620. O prezo de cada serie é de 10€.