Salvador Sestelo en Rastro de Xabaril, Manuel Taboada en San Huberto, Artemio Formoso en Percorridos de Caza, José Antonio Vasconcellos en Compak e Javier Álvarez e Vicente Cortes en Caza Práctica; foron os Campións das Probas desta vixésimo primeira edición da Festa da Caza de Lugo organizada pola Federación Galega de Caza en Lugo e desputada no concello de Portomarín.
A Festa, comezaba na xornada do sábado 27 de maio coa celebración da competición de Compak Sporting para rematar o domingo 28 coa disputa das disciplinas de Rastro de Xabaril, Cans de Parada, Percorridos de Caza e caza San Huberto; todo elo nos montes do Cristo e do Castelo situados no concello lucense de Portomarín. A diferenza do ocorrido en edicións anteriores, a choiva quixo estar presente nesta XXI edición facendo máis complexa aínda a organización desta Festa da Caza que a pesar de iso foi un éxito de participación, máis alta que en edicións anteriores e con cazadores galegos e tamén chegados de Madrid, Estremadura e Portugal.
No Campionato Provincial de Compak Sporting celebrado no campo de tiro eventual da Sociedade de Cazadores de San Nicolás, disputado a 50 pratos, os 19 tiradores participantes tentaron escachar o maior número de pratos. Foi o tirador pontevedrés, José Antonio Vasconcellos Vicente, o que acadou o primeiro posto da Clasificación Xeral e primeiro na segunda categoría. O segundo posto era para o tirador de lucense, Jorge Vázquez Iglesias que se convertía deste xeito no Campión Provincial. Xa na terceira posición desta edición remataba Carlos Misa Alonso. En Handisport o primeiro posto era para Artemio Formoso. En Xuveniles impoñíase o tirador Alejandro Fernández Seco namentres que en Veteranos o gañador era Mario González Yáñez. Completaba o grupo de campións desta modalidade José María González Rodríguez na categoría de Superveteranos. Daniel Domínguez Treinta era o primeiro clasificado na 1ª categoría.
O XXVII Trofeo Cidade de Lugo de Caza Práctica desenrolouse no Monte Castelo, participando cans de Razas Británicas e Continentais. En Británicos foi “Carpin de Ademar” propiedade de Javier Álvarez de Santamarina o que acadaba o primeiro posto cunha calificación de 1ºEXC. José María Carnota Ríos con “Grill dos Potiños” remataba en segunda posición con un 2ºMB. Cun Moi Bo situábase en terceira posición “Jai do Estrume” de José Luís Méndez Tesouro. En Continentales era Vicente Cortes o que acadaba o primeiro posto con“Denón” 1ºMB a prata era para Pedro Iglesias Hermida co tamén braco alemán “Fandi” cun B.
O Campionato Provincial de Percorridos de Caza celebrouse nos terreos da Sociedade de Cazadores de San Nicolás, disputado a un total de 100 pratos con moi diversos postos de tiro e traxectorias que encandilou os 43 tiradores participantes. Foi o tirador Artemio Formoso Barro o que se impoñía nesta disciplina cunha destacada tirada ao facer 91 pratos, catro máis que o segundo clasificado, facéndose así co primeiro posto da Clasificación Xeral e obtendo o título de Campión Provincial e campión de Handisport. O segundo posto era para o tirador José Antonio Vasconcellos Vicente de Pontevedra con 87 pratos, Marcos Vázquez Cabado obtiña a medalla de bronce. En Superveteranos impoñíase o tirador José María González Rodríguez. Mario González Yáñez en Veteranos e Antón Moure Segade en Xuvenís completaba o grupo de campións desta modalidade.
Na modalidade de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril, disputábase unha edición máis do Campionato Provincial puntuable para a Copa Galicia e á que acudían preto de 40 cans. Na fase final impoñíase o monteiro pontevedrés Salvador Sestelo Núñez con “Pumuky” con 206 puntos. Na segunda posición remataba o lucense Martín Martínez García con “Paco” converténdose deste xeito no novo Campión Provincial da especialidade con 200,5 puntos . Xa na terceira posición situábase José Quintela García con “Clas” e 199 puntos. A selección provincial que representará a Lugo no vindeiro campionato galego estará formada por: José Manuel Fernández (actual campión galego), Martín Martínez, José Quintela, Michael Otero, Antonio Polo Calvo, Joaquín Candido Cao, Albano Pérez, Luis Otero, Luis Otero Pena, Noel Rodríguez e Manuel Val.
Na XXI edición do Campionato Provincial de Caza San Huberto foi o cazador coruñés Manuel Taboada Vigo o se convertía no campión da proba con 71 puntos namentres que Pedro Iglesias Hermida era o segundo clasificado con 62 puntos. O terceiro clasificado e Campión Provincial foi José María Carnota Ríos con 55 puntos. Os cazadores José María Carnota, Eduardo Blanco, Unai Arteche, Antonio Costa, Ana Isabel Arbiol e Jesús Vázquez conforman a selección lucense que representará a Lugo no vindeiro campionato autonómico da especialidade.
Na disciplina de Levantadores o primeiro posto era para Juan José Canosa Vigo con “Thor de Forvelaz”. Miguel Fornell García con “Eva de Forney” era o segundo clasificado e Campión Provincial. O terceiro posto era para Eloy Rodríguez Martínez con “Unclesain”.
Unha vez rematadas tódalas competicións, participantes, organización, público e autoridades gozaron dun xantar de irmandade na que se deron cita preto de 300 comensais.