O pasado 13 de maio, un día climatolóxicamente ruín, prexudicando a choiva e o forte vento o bo desenvolvemento dunha competición que tivo de anfitrión o lugar de Valdroa en Viascón (Cotobade) que foi catalogado polos participantes de “excelente escenario”; desenvolvíase o XV Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril, no que participaron 27 monteiros e 35 cans, sendo o nivel competitivo “alto”, a dicir dos árbitros da contenda.
O exercicio transcorreu entre as 9:30 e as 14:30 do serán e estes foron os resultados:
CLASIFICACIÓN
- 1º da proba, Francisco Rodeiro Eiras, con “Rato” e 214,50 puntos.
- 2º e campión de Pontevedra, Sebastián Martínez Gómez, con “Vikingo” e 209,50 puntos.
- 3º e subcampión pontevedrés, Salvador Sestelo Núñez, con “Pumuki” e 208,50 puntos.
XUVENÍS
- 1º, Manuel Rodríguez Áspera, con “Capitán” e 117 puntos
- 2º, Francisco Abilleira Caramés, con “Rejo” e 100,50 puntos.
- 3º, Xosé Ángel Blanco Falcón, con “Chela” e 64 puntos.
Rematado o tradicional xantar de confraternización que presidiu o presidente da FGC de Pontevedra, Paco Couselo, e o que asistiu tamén o Alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, así como o presidente social de caza, Jorge A. Ventín Lorenzo, entre outras autoridades, procedeuse a entrega de premios e a clausura do evento.