Campionato Provincial de Ourense de Percorridos de Caza
Tendo de esceario o Campo de Tiro de A Piteira (Carballeda), unha climatoloxía non moi de este tempo pero que non influiu nos resultados e baixo a organización da Federación Galega de Caza en Ourense e a Sociedad locataria de Caza, este pasado sábado, día 6 de maio, entre as 9,30 e as 14,30 disputouse a 100 pratos o Campìonato Provincial de Percorridos de Caza nas diferentes categorías e puntuable para o Galego da especialidade.
Á convocatoria acudiron 37 especialistas que amosaron o seu coñecemento e maña coa escopeta a pesar de que o nivel, ainda que alto, non acadou a cota doutras tiradas.
O que si tivo boa nota foi a organización e a deportividade posta de manifesto polos protagonistas da contenda que estivo arbitrada polos titulares: Xosé Antonio García Blanco, Ruben Boquete, Moises Balboa, Francisco Viqueira Castro. Así quedaron as clasificacións:
Xeral:
- 1º e campión, Xosé Manuel Dasilva Fernández (Pontevedra).
- 2º e subcampión, Xosé Manuel Torres Parada (A Coruña).
- 3º Daniel Cabreiro García (A Coruña).
- 4º e campión provincial, Jorge Vázquez Iglesias (Ourense).
Veteranos:
- 1º, Cristino Román Mera (Pontevedra).
- 2º e campión provincial, Isaac Otero Penedo (Ourense).
Superveteranos:
- 1º e campión, Abel Andrés Otero (Ourense).
Damas:
- 1ª e campiona, María Mercedes Saavedra Suárez (Ourense).
Juniors:
- 1º e campión, Antón Moure Segade (Coruña).
- 2º e campión de Ourense, Lucas Otero Álvarez.
Handisport:
- 1º e campión, Juan José Iglesias Cobas (Ourense)
Como remate levouse a cabo o tradicional xantar de confraternización no Restaurante Xardín do Carballiño, sendo o seu final cando se procedeu a entrega de trofeos e a clausura do torneo, asístindo os federativos Manuel Feijóo, José Castro e Florentino Fernández, así como o presidente da sociedade local, José Otero.