O pasado 23 de abril, disputouse no campo municipal de atletismo de Cangas, a fase provincial de Pontevedra de Paxariles organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra en colaboración coa Sociedade de Silvestrismo de O Grove.
A proba acudiron un total de 133 paxaros repartidos nas diferentes categorías: 35 liñaceiros, 53 xílgaros, 18 verderolos, 12 mixtos de liñaceiro, 18 mixtos de xílgaro e 3 mixtos de verderolo.
Na clasificación de Liñaceiro o primeiro e o segundo posto foron para Elisa Pereira Fernández con 24 e 15 puntos respectivamente. En terceiro posto remataba Diego Novas Martínez con 9 puntos.
En Mixto de Liñaceiro o primeiro e o segundo posto era para José Manuel Rodríguez Costas con 41 puntos. Completaba o podio Pablo Corrales González co segundo e terceiro posto 32 e 25 puntos.
Na categoría de Xílgaro foi Germán Alcalde Cebreiro o que obtivo o primeiro posto con 27 puntos, seguido de Manuel Otero Martínez e Manuel Hervello Hervello en segunda e terceira posición con 13 e 10 puntos respectivamente.
En Mixto de Xílgaro o primeiro posto recaeu en Julio Pereira Sánchez con 49 puntos. Con 45 puntos o segundo posto foi ocupado por Félix Romay Pérez. E tamén con 39 puntos o bronce volvía a ser para Félix Romay Pérez.
Na categoría de Verderolo o participante Cándido Lago Álvarez acadaba o primeiro posto con 25 puntos. Francisco Javier Otero Grandal era o subcampión con 7 puntos. O terceiro posto ocupouno con 3 puntos Manuel Otero Martínez.