O campión Martín Baqueiro, no podio dos senior
O pasado 23 de abril tiña lugar en Burgueira - Oia a edición número trinta e un do Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza. Todo elo baixo a organización da Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración do clube de tiro “Eido Dalbo” e a Sociedade de Caza A Magdalena de Burgueira.
Cunha extraordinaria deportividade un total de 48 tiradores acudían a este campionato no que estaba en xogo o título provincial e a clasificación para o autonómico da especialidade.
Foi o tirador Martín Baqueiro Villafines o que acadaba o título de campión provincial ao obter un total de 84 pratos escachados e subindo ao máis alto do podio. Con 79 pratos remataba Francisco Javier Rivero Martínez en segunda posición e Daniel Domínguez Treinta tíñase que conformar co bronce con 78 arxilas.
Miguel Blanco recibiu unha pequena homenaxe pola súa traxectoria de mans de Francisco Couselo (Presidente FGC Pontevedra) e Cristina Correa (Alcaldesa de Oia)
En veteranos o campión era Cristino Mera Román con 72 pratos derribados, e José María González Rodríguez era o campión en superveteranos con 62 pratos.
Á marxe dos resultados cabe destacar a presenza de Cristina Correa, Alcaldesa de Oia, que se involucrou especialmente no Campionato, así como a de Daniel Benavides, Xefe Territorial de Deportes, que tamén amosou o apoio ao deporte da caza coa súa presenza.