Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RASTRO E SAN HUBERTO
Novo éxito da III edición das Probas de Traballo para Cans de Caza Terras de Melide
5/4/2017

A pasada fin de semana, 31 de marzo e 1 e 2 de abril, o concello coruñés de Melide foi todo un referente cinexético pola disputa de probas puntuables para a Copa Galicia das especialidades de Caza San Huberto, Rastro de Coello e Rastro de Xabaril. Unha terceira edición deste certame que ven a ratificar que a Copa Terras de Melide se posiciona nunha das probas cinexéticas máis destacadas a nivel nacional pola alta inscrición coa que contou novamente neste 2017.

Incrementando o número de participantes nas diferentes disciplinas con respecto a edición do ano pasado, o numeroso público e participantes gozaron dunha intensa fin de semana competitiva, todo elo baixo a organización e colaboración do concello de Melide e a Federación Galega de Caza de A Coruña e co esforzo e traballo levado a cabo por Antonio Méndez Romero.

Rastro de Xabaril

Máis de 80 monteiros cos seus respectivos cans citáronse en Melide para competir e acadar os primeiros postos no rastrexo do xabaril con cans atrelados. En 4 campos tiña lugar a ronda clasificatoria na que 6 cans de cada campo accedían a fase final. Dos 24 cans e monteiros que participaron na final foi a cadela  “Chula” conducida polo asturiano Jesús Miguez o campión desta terceira edición Copa Terras de Melide ao acadar unha puntuación total de 233,5 puntos. Ó segundo caixón do podio subía o cazador Iker Ortega con “Zeus I” con 225 puntos. O monteiro, campión da edición anterior, Antonio Sánchez Sexto con “Tito” acadado o terceiro posto con 214,5 puntos. 

Paralelamente a esta proba oficial de Rastro de Xabaril, tamén esta edición da Copa Terras de Melide acolleu unha proba social desta disciplina para os cazadores locais e a I Proba de Xabaril para nenos, ámbalas duas con gran aceptación e seguimento. 

Rastro de Coello

Este ano Melide tamén quixo acoller unha proba de Rastro de Coello puntuable para a Copa Galicia da Federación Galega de Caza. Nesta ocasión foron 17 os lotes de cans participantes que gozaron de intensos rastrexos, levantes e persecucións dos coellos de Melide, nuns campos moi óptimos para o desenrolo desta disciplina.

Foi o lote de Alfonso Rey Baulde composto por “Xouba, Clay, Trasno e Trus” o que obtiña o primeiro posto con 515 puntos. Con 496 puntos a medalla de prata era para o lote “Four, Eros, Hix e Pol” conducido por Oscar Esparís Agra. A tan so un punto do segundo clasificado remataba José Javier Suárez Rama con “Monsieur, Cori, Sarela e Canela”.

A cadela “Susi” de Iván Aragunde foi nomeada como mellor can da probra con 140 puntos.

 

San Huberto

Nun fermoso escenario disputábase a competición de San Huberto o domingo 1 de abril. Unha xornada con boa climatoloxía propiciou unha grata xornada de caza para os cazadores inscritos que participaron en 3 baterías clasificándose 6 cazadores para o barrage final. O campión desta terceira edición foi José Francisco Otero González co pointer de nome “Indio” cun total de 71 puntos. O segundo posto da clasificación xeral foi ocupado por Manuel Taboada Vigo co setter inglés macho “Himler” e un total de 70 puntos. Roberto Dopico Dopico acadou a medalla de bronce coa súa pointer femia de nome “Easy” con 49 puntos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza