XXXI Campionato Provincial de Pontevedra de Caza San Huberto
Na xornada do pasado sábado día 1 de abril disputouse en Baiona o Campionato Provincial de Pontevedra de Caza San Huberto organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración de dita Sociedade de Cazadores.
A proba foi dirixida por Moises Balboa e xulgada por Santiago Saavedra, os cales xunto co presidente provincial da FGC, Paco Couselo, destacaron o bo facer e deportividade dos 14 participantes inscritos, 11 en categoría absoluta e 3 en springer.
O cazador Jorge Carrera Davila foi o campión co seu setter inglés femia “Betta” con 78 puntos. O segundo posto, con 64 puntos, adxudicouno Francisco José Martínez Aspera co setter inglés macho de nome “Queso de la Armuña”. O bronce foi para José Ramón Zamora Lorenzo co pointer macho “Kurko de Paradela” e 59 puntos.
Na categoría de Spaniel Springer o campión era Saturnino Pereira Vidal con “Pollux” con 80 puntos. Con 59 puntos e en segunda posición remataba Rafael Enrique Sánchez Malvar con “Snow Estrellas Tebra”. O terceiro caixón era ocupado por Víctor Villar Fernández con “Draco” e 50 puntos.
Un xantar de irmandade puxo o punto final a este campionato provincial no que o presidente da FGC de Pontevedra, Francisco Couselo, interveu na entrega de premios os primeiros clasificados.
Lembrar que a selección provincial de Pontevedra que acudirá ao Campionato Galego da especialidade quedou composta por , Jorge Carrera Davila, Francisco José Martínez Aspera, José Ramón Zamora Lorenzo, Álvaro Otero Aradas e Carlos Alberto González Casas.