Campionato Provincial de A Coruña de Caza San Huberto
Chegaba unha edición máis da fase provincial de A Coruña da disciplina de Caza San Huberto na que participaron un total de 18cazadores cos seus respectivos cans.
A Federación Galega de Caza de A Coruña, e sempre coa colaboración da sociedade de caza correspondente, desprazouse nesta ocasión ao concello de Vimianzo para disputar o provincial de Caza San Huberto.
O cazador Roberto Dopico Dopico facíase con este provincial de Caza San Huberto ao completar un percorrido, ca súa pointer de nome “Easy”, que lle reportou unha puntuación de 74 puntos. Con 34 puntos, remataba Ramón Picallo Piñón, co setter inglés “Risto”. Remataba en terceira posición René Vale García co setter inglés macho “Suayper de Piago” con 30 puntos.
Na disciplina de Springer o campión era Juan José Canosa Vigo con “Thor de Forvelaz” e 71 puntos. E en segunda posición remataba Eloy Rodríguez Martínez con “Bilbo” e 41 puntos.
En Damas a campioa era Nicolasa González Carrodeguas coa pointer “Conga” e 61 puntos, por diante de Sandra Rodríguez Rego que participaba co setter inglés “Don das Fontiñas” e obtiña 32 puntos.