Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
EN LARACHA
Os mellores arqueiros da provincia da Coruña
13/3/2017

VI Campionato Provincial de A Coruña de Percorridos de Caza con Arco

O pasado 12 de marzo disputouse nos montes de San Román – A Laracha -  o Campionato Provincial de A Coruña de Percorridos de Caza con Arco organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña e o Clube Arco Hércules e coa colaboración da Sociedade de Caza O Petón de Cabo Vilaño.

No provincial de Percorridos de Caza con Arco participou un bo número de arqueiros que tentaron clasificarse para o autonómico da especialidade nunha estupenda xornada para os amantes do arco con propostas do máis divertidas e emocionantes para os arqueiros participantes.

 

Na categoría de Arco Asistido Masculino o primeiro posto da clasificación foi para Oscar Novás Seijas con 221 puntos. En segunda posición situouse o arqueiro Miguel Caruncho Campanario con 175 puntos. En terceira posición, a tan so un punto do segundo clasificado, rematou Sergio Sobral Barcia con 174 puntos.

En Arco Tradicional Masculino o primeiro posto foi para Jacobo Santore Lorenzo con 148 puntos. Pablo Martínez Reguera e Carlos Rama Rodríguez, facíanse co segundo e terceiro posto con 123 e 102 puntos respectivamente.

 

Na categoría de Arco Asistido Femenino foi Dolores Bugarín Codeseda a que acadaba o primeiro posto con 156 puntos namentres que a medalla de prata era para Mari Carmen Novoa Santos con 91 puntos.

En Arco Tradicional Femenino resultaba gañadora a arqueira Sonia Mª Ribeiro Costa con 95 puntos por diante de Inmaculada Sta. Marta Rodríguez con 45 puntos. O podio completouno a arqueira Marina Oliveira Amoedo con 32 puntos.

En Junior o gañador era o xoven arqueiro José Caruncho Villalba con 59 puntos. Con 37 puntos e en segunda posición remataba Abel López Arias.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA ARCEA
23/12/2024
Iván Ramos coa setter “Sira” acada o título autonómico de caza de arceas

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza