Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
NOVA COMPETICIÓN
Cans de parada e arceas en As Pontes
30/11/2016

O pasado sábado 26 de novembro disputouse a primeira edición da Copa Federación de Cans de Parada sobre Arcea organizada pola Federación Galega de Caza. Un primeiro paso dado pola FGC para o fomento dos cans de mostra sobre arcea, onde os arceeiros conversaron e intercambiaron opinións sobre as arceas, sobre os cans e sobre a súa caza, que tanta paixón levanta nos derradeiros anos nos cazadores de pluma.

Coa colaboración da sociedade de cazadores de As Pontes coa cesión dos seus terreos tiña lugar esta primeira edición na que a abundancia de arceas non foi a desexada pero si na que se puido ver algún que outro bo facer dos cans participantes.

Destacar a participación da setter inglés femia de nome “Tuka” de Artemio Formoso, o setter inglés macho “Zeus da Chousa” de Juan José Canosa e o tamén setter inglés macho “Azor da Brisa da Ría” de Eloy Rodríguez Rego.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
14/04/2025
Manuel Piñeiro con “Zidane” gañador en Ferrolterra

PROVINCIAL CORUÑA PERCORRIDOS CAZA
07/04/2025
Antonio Iglesias proclamouse campión provincial de percorridos de caza

XABARIL KARSITA
07/04/2025
O monteiro Francisco Rodeiro acada o primeiro posto con “Pistolas” en Vilagarcía

XABARIL SALVAXE CODESEDA
01/04/2025
Rubén Gómez con “Sil” campións en Codeseda


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza