Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
EN PORQUEIRA
Rubén Martínez Bugallo, novo campión de Ourense de Caza Menor con Can
24/10/2016
  • Un rapaz de 16 anos, Lucas Otero, de Manzaneda,  terceiro na xeral

Tendo de anfitrión terras limiás, concretamente na zona  de “A Veiga da Forxa”,  Tecor de Porqueira, o sábado 22 de outubro, baixo a organización de Federación Galega de Caza en Ourense e a colaboración da entidade cinexética locataria, desenvolveuse con toda exitosidade o Provincial de Caza Menor con Can, clasificatorio para o Autonómico da especialidade, no que estarán presentes catro cazadores ourensáns.

A concentración de participantes, xuíces e acompañantes levouse a cabo ás oito da mañá na cafetería  da  “Gasolineira Antela”, en Xinzo, onde logo tamén tería lugar o xantar de confraternidade e de clausura. Unha vez revisada a documentación de cada un dos competidores, partiuse para o cazadeiro, dándose a saída pouco despois no punto coñecido como “Campo da Festa do Toxal” (Porqueira). Concluíndo o exercicio cunhos resultados positivo, levantándose unha trintena de pezas das que un total de 17 (15 paspallás, 1 lebre e 1 parrulo), foron capturadas.

CLASIFICACIÓN 

1º e campión, Rubén Martínez Bugallo (representante de Cartelle), con 760 puntos, Cazou coa bretona “Lis”.

2º e subcampión, Abel Andrés Otero (sociedade de Xinzo), con 400 puntos, Auxiliouse co pointer “Pol”.

3º, Lucas Otero Álvarez (representante de  Manzaneda), con 200 puntos. acompañouse co pointer “Rai”. Curiosamente este participante é un rapaz de 16 años que se estreaba na competición.

CLAUSURA

Logo do xantar oficial procedeuse a entrega de trofeos, proclamación dos gañadores e clausura do torneo. Acto no que estiveron presentes representantes da Federación de Caza en Ourense co seu Presidente, Antonio García Reinoso o fronte.

Salientar tamén, que a boa climatoloxía, o terreo de competición, e a boa camaradería e deportividade de tódolos participantes.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza