O pasado sábado 24 de setembro tivo lugar o Campionato de Rastro de Coello modalidade Cara de Can disputado no Tecor pontevedrés de “San Bartolomé de Xesta”, organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración de dita Sociedade de Caza.
A proba acudiron un total de 21 participantes con cada respectivo can e sendo xulgados polos xuíces Juan Ángel Alonso Pérez, Javier Nogueira Diz e Honorato Martínez Couñago.
Transcorridos os termos de participación, clasificatoria, semifinal e final, o xurado de competición deu a coñecer a clasificación final a través do Delegado de Rastro da FGC, Nicolás Castro. Foi o podenco de nome “Rambo” propiedade de Francisco Bautista Bugarín o que se impuxo como primeiro clasificado. Seguiuno en segunda posición o podenco de nome “Dorna” de Antonio Iglesias Miguez. Francisco Pascual Favorecido coa podenca “Pepa” tívose que conformar coa terceira posición da proba.
Un xantar de irmandade e a entrega de premios a que asistiu o presidente da Sociedade de Caza, Hipólito Piñeiro, o alcalde de A Lama, Jorge Canda, xunto co presidente provincial da FGC, Francisco Couselo e o presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, puxo o punto e final a este campionato