Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CURSOS SEGURIDADE 2016
O primeiro dos Cursos de Seguridade e Primeiros Auxilios, hoxe en Santiago
23/9/2016

Esta tarde a partir das 18.00h comeza en Santiago de Compostela o primeiro dos Cursos de Seguridade nas Cacerías e Primeiros Auxilios que este ano organiza a Federación Galega de Caza en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Ao longo dos meses de setembro e outubro as catro provincias galegas terán a súa correspondente edición destas xornadas formativas, que pretenden concienciar e informar aos cazadores galegos da importancia da seguridade durante todas e cada unha das xornadas cinexéticas.

Máis de cento vinte cazadores se atopan inscritos nesta primeira xornada, quen ademais da formación a cargo de diversos expertos en materia cinexética, caza, armas, cans, e primeiros auxilios no mundo da caza, recibirán diverso material de seguridade, así como un diploma acreditativo da asistencia ao curso.

O seguinte curso en celebrarse será o de Lugo, o vindeiro 30 de setembro, seguiralle o de Xinzo de Limia, en Ourense, o 3 de outubro, e finalmente o de Marcón, en Pontevedra o vindeiro 14 de outubro.

A FGC completará así unha nova tempada de formación en materia de seguridade, coa novidade nesta ocasión da incorporación dos primeiros auxilios, unha das principais demandas dos cazadores tralos cursos realizados nos pasados anos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

RULA
05/03/2025
Europa confirma que España cumpre os requisitos para cazar a rula de forma sostible na tempada 2025/26

MANIFESTO XUNTA GALICIA
02/03/2025
Manifesto institucional da Xunta de Galicia en contra da violencia no Deporte

OBSERVATORIO CINEXÉTICO
26/02/2025
Cazador e tempo de traballar pola caza! súmate á campaña de censos do Observatorio Cinexético

FORMACIÓN
24/02/2025
Xornada de Cans de Caza


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza