Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
GALEGO DE CANS DE PARADA
“Frouma do Fontelo” de Iván López en Británicos e “May de la Judería” de José Vicente Cortes en Continentais, foron os Campións Galegos
08/08/2016

Na xornada do pasado 7 de agosto, desputábase unha proba máis da Copa Galicia de Cans de Parada na que, a postre, coñecíanse os campións galegos e a selección galega deste ano 2016.

Foi Vimianzo, concello coruñés, o esceario desta XVII Copa Galicia organizada pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores San Vicente de Vimianzo. 

Unha alta participación, un bo ambente e uns terreos extraordinarios para o desenrolo deste tipo de probas foron os ingredintes desta XVII Copa Galicia de Cans de Parada.

Ao remate de dita proba, foi a setter inglés femia de nome “Frouma do Fontelo” propiedade de Iván López López o que acadaba o primeiro posto da proba na categoría de Británicos cunha calificación de 1º EXC. O segundo posto foi para o pointer macho “Eirill” cun 2º EXC de José María Carnota Ríos. “Kia”, pointer femia, de Fernando Manso Gómez remataba na terceira posición cun 3º EXC.

En Continentais “May de la Judería” femia de braco alemán propiedade de José Vicente Cortes Doce era o campión da proba cunha calificación de 1º EXC. O braco alemán de nome “Fandi de la Judería” propiedade de Pedro Iglesias Hermida era o segundo clasificado cunha calificación de 2º MB. O bretón “Coco de Mamuba” era o terceiro clasificado cunha calificación 3ºMB propiedade de José Ignacio Pérez Pérez.

Coa suma dos puntos acadados nas diferentes probas deuse a coñecer os Campións Galegos de Cans de Parada deste ano 2016 e a selección galega que representará a Galicia no vindeiro campionato nacional. Resultando como segue a continuación:

Na categoría de Británicos o primeiro posto e polo tanto campión galego foi para a pointer femia de nome “Frouma do Fontelo” propiedade de Iván López López cun total de 30 puntos. En segunda posición remataba Fernando Manso Gómez coa pointer femia “Kía” con 30 puntos. “Jumper de Bosende”, setter inglés macho, propiedade de Andrés López Pena foi o terceiro clasificado con 23 puntos.

En Continentais o título autonómico era para a braco alemán “May de la Judería” de José Vicente Cortes Doce cun total de 24 puntos. En segunda posición remataba José Ignacio Pérez Pérez co bretón “Coco de Mamuba” con 18 puntos. Con 4 puntos compretaba o podio Pedro Iglesias Hermida co braco alemán de nome “Fandi de la Judería”.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA MENOR
30/10/2024
Clasificados para o Autonómico de Caza Menor con Can

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CETRARÍA
29/10/2024
Os mellores cetreiros na Terra Chá


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza