O pasado 23 de xullo o Clube “Amigos dos Cans de Caza” en colaboración coa Federación Galega de Caza na Coruña, celebrou no Tecor Sancan do concello de A Baña, o VI Campionato “Can de Ouro” Costa da Morte, na modalidade de Cans de Parada, puntuable para a Copa Galicia da especialidade.
A competición iniciouse moi de maña cedo é temos que destacar a boa calidade das presentación feitas polos diferentes participantes acadando extraordinarias calificacións.
En razas Británicas o gañador do can de ouro foi Andrés Pena co seu setter inglés macho de nome “Jumper” cunha calificación de 1ºEXC. O subcampionato foi para Carlos Lalín e o seu setter inglés macho “Inferno”, cun 2ª EXC. José María Carnota co seu pointer macho de nome “Gril”, obtivo un 3º EXC.
En razas Continentais o primeiro clasificado foi o breton “Coco” de José Ignacio Pérez cunha puntuación de 1º MB. Tamén cun 2º MB o segundo clasificado foi Vicente Cortes co braco alemán “May”.