Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CPTO RASTRO XABARIL
Non hai boicot
5/7/2016

O máximo organismo deportivo-cinexético de Galicia defenderá as súas competencias

En referencia á nota de prensa que fixo pública a Real Federación Española de Caza (RFEC), na que acusa á Federación Galega de Caza (FGC) de tratar de boicotear o Campionato de España de Cans de Rastro sobre Xabaril, esta entidade desexa manifestar o seguinte:

  • Lonxe de ser un boicoteo, do que a nota publicada -sen o máis mínimo rigor xurídico- acusa a FGC, o único que pretende esta Federación é que se cumpra estritamente a lexislación vixente, ademais da Doutrina sentada polo Comité Galego de Xustiza Deportiva (CGXD) e mesmo a Xurisprudencia do Tribunal Superior de Xustiza (TSX) Galicia no asunto que nos ocupa1.
  • É ABSOLUTAMENTE FALSO que a lexislación outorgue á RFEC a competencia exclusiva e excluinte no ámbito da comunidade autónoma de Galicia na organización de campionatos oficiais estatais. Así o sinala o art. 73 da Lei 13/13 de Caza de Galicia: teñen a consideración de competicións cinexéticas as probas cualificadas como tales pola FGC.
  • As federacións deportivas españolas están representadas polas federacións deportivas galegas no ámbito territorial de Galicia, tendo estas últimas dentro das súas competencias propias a organización de competicións oficiais e actividades deportivas de carácter estatal e internacional que se realicen no territorio da comunidade autónoma. Así o establecen os arts. 20, 52 e 56 da Lei autonómica do Deporte.
  • Para participar en calquera competición deportiva oficial (sexa esta autonómica, estatal ou internacional) é necesario estar en posesión dunha licenza deportiva autonómica, que será expedida polas federacións deportivas de ámbito autonómico que estean integradas na federación estatal. Así o sinala o art. 32.4 da Lei do Deporte estatal.
  • A FGC sempre colaborou na realización dos campionatos de España, tanto nesta como noutras especialidades cinexético-deportivas, e está disposta a seguir colaborando, pero de ningún xeito se pode permitir que se ningunee á FGC dende organismo algún, sexa este nacional ou internacional.

 

1. O TSX Galicia tense pronunciado sobre esta cuestión nunha recente Sentencia de 2014, sinalando o seguinte, “… De ello se induce que las pruebas que se desarrollan en nuestra CA, deben llevarse a cabo a través de la federación autonómica, sin que pueda ésta quedar al margen y esto, como es doctrina reiterada del CGXD (por todas resoluciones de 17 y 18/2010, de 28 de mayo), referido, incluso, a las competiciones de carácter y ámbito nacional dado que, desde el momento en que las federaciones autonómicas están integradas en las federaciones estatales, las federaciones españolas solo pueden actuar en Galicia a través de la federación autonómica de que se trate, pues a estos exclusivos efectos, ambas funcionan como una unidad”.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

ASEMBLEA XERAL - CURSOS FORMACIÓN
02/12/2024
Unanimidade nos acordos da Asemblea Xeral e entrega dos Diplomas dos Cursos de Formación

MUTUASPORT - ARTEMISAN - RFEC
29/11/2024
Os cazadores federados invirten na defensa da caza e conservación das aves migratorias

AFECTADOS DANA
11/11/2024
Os cazadores españois doan 24.000€ aos afectados pola DANA

PROXECTO ARCEA
21/10/2024
Gran aportación dos cazadores galegos para o censo das arceas


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza