Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
UNHA DEMANDA CUMPRIDA
Mutuasport amplía ata un ano a cobertura da RC dos cans perdidos ou extraviados
28/6/2016

Mutuasport, a Mutua dos Cazadores, ampliará, a partir do vindeiro 1 de xullo, a cobertura que ofertaba nos seus anexos de cans, no caso de resultaran perdidos ou extraviados, ata un ano, cando ata o de agora víñao facendo por un mes.

Esta mellora, que se aplica a tódolos anexos de cans que oferta a aseguradora, responde a unha demanda que viñan facendo os cazadores de toda España dende hai tempo, e que nas ultimas semanas foi a Federación Galega de Caza quen tomou o pulso para finalmente conseguir que o Consello de Administración de Mutuasport a incorporase ás súas pólizas.

A compañía tamén decidiu ampliar o prazo de comunicación para a perda ou extravío dos cans, pasando das 48 ás 72 horas. A comunicación desta perda é imprescindible para activar a cobertura por perda ou extravío do can, polo que esta ampliación facilita enormemente a posibilidade de que os cazadores poidan acollerse a ela.

Esta mellora da cobertura dos anexos de cans realízase sen ningún custe adicional para o cazador federado, e aplicarase de xeito automático a tódolos anexos de cans a partir do vindeiro 1 de xullo.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

RULA
05/03/2025
Europa confirma que España cumpre os requisitos para cazar a rula de forma sostible na tempada 2025/26

MANIFESTO XUNTA GALICIA
02/03/2025
Manifesto institucional da Xunta de Galicia en contra da violencia no Deporte

OBSERVATORIO CINEXÉTICO
26/02/2025
Cazador e tempo de traballar pola caza! súmate á campaña de censos do Observatorio Cinexético

FORMACIÓN
24/02/2025
Xornada de Cans de Caza


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza