Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RASTRO DE XABARIL
O novo campión galego é o lucense José Manuel Fernández con “Pirulo”
20/6/2016

Na xornada do pasado sábado 18 de xuño os amantes dos cans de rastro sobre xabaril tiñan unha cita no concello coruñés de Cabanas onde se disputaría a edición número XXI do Campionato Galego de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril.

Os máis de 30 monteiros clasificados nos seus campionatos provincias, Copa Galicia e o campión da edición anterior, achegábanse a Cabanas para gozar dun campionato organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores de “O Castro de Cabanas”.

A boa climatoloxía xunto con campos moi homoxéneos onde tiveron lugar a fase clasificatoria e final fixeron o goce de participantes e do público que seguiu a proba dende primeira hora da maña.

Foi o monteiro de Lugo José Manuel Fernández Fernández co seu can “Pirulo” o que chegaba a Cabanas como actual campión Provincial da modalidade, e a súa participación non defraudou, quedando primeiro no seu campo na fase clasificatoria e primeiro na fase final cun total de 240,5 puntos converténdose no novo Campión Galego de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril. O vixente campión de España da modalidade, Francisco Rodeiro Eiras acadaba o subcampionato e medalla de prata co seu can “Rato” cun total 229,0 puntos. O monteiro José Manuel Barreiro Rivadas, de A Coruña,  realizaba unha participación que o colocaba en terceira posición da clasificación final coa súa cadela “Brisa”  con 192,5 puntos.

A estes tres primeiros clasificados súmanselles os monteiros Luis Iglesias, Salvador Sestelo, Francisco Romero e Manuel Rodeiro completando así a Selección Galega que representará a nosa comunidade no vindeiro nacional da especialidade.

Organización, autoridades, xuíces, participantes e público desfrutaron dun extraordinario xantar que tivo a súa guinda na entrega de premios os primeiros clasificados. 

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza