Durante a Junta General de Mutuasport, que tiña lugar onte en Madrid, houbo un momento para a lembranza do recentemente falecido José Manuel Muras Constenla membro da primeira Xunta Directiva da Federación Galega de Caza.
Mutuasport, a Mutua dos Cazadores, quixo ter un recoñecemento para Muras, e así o recolleu na súa acta: “Se hace contar en acta expresamente, el pésame a la familia, de todos los presentes por el fallecimiento de D. José Murás Constenla, miembro de la 1ª Junta Directiva de la Federación Galega de Caza”.
Trátase dun novo recoñecemento a unha persoa de grande importancia para a historia da Federación Galega de Caza, que agradece o xesto a Mutuasport.