Baixo a organización da Federación Galega de Caza e a colaboración da Sociedade Deportiva Río Sar, arrincaba esta décimo sétima edición da fase final do autonómico de Compak Sporting, un campionato moi emotivo para todos os tiradores galegos en xeral e de Río Sar en particular por ser un campionato en memoria do recentemente falecido Emilio López Mosquera.
Destacamos que foi un campionato cun enorme esforzo organizativo por parte da directiva da Sociedade Deportiva Río Sar durante moitos días previos a esta destacada cita do tiro galego. Froito deste traballo foi que apesares de haber un pequeno retraso no inicio da competición por mor da neboa a proba rematou dentro do horario previsto.
Pratos moi complexos voados en 6 canchas con esquemas moi diversos que puxeron en apretos aos 53 tiradores citadas onte 5 de xuño en Río Sar.
Foi o tirador Martín Baqueiro Villafines o que se facía co Campionato Galego ao acadar un total de 139 pratos. Unha victoria relativamente ampla con respecto o segundo calsificado Daniel Domínguez Treinta que se tiña que conformar coa medalla de prata ao rematar con 134 pratos. Foi o tamén tirador pontevedrés Roberto Rodríguez Fernández o que remataba en terceira posición con 133 pratos escachados.
En veteranos o campión era Elisardo Cea Cebreiro con 121 pratos, adicándolle a victoria a Emilio López Mosquera. Jaime Vilas Pereira con 119 pratos acadaba a segunda posición. Ángel Vidal Quintela completaba o podio en terceira posición con 118 pratos.
Artemio Formoso en handisport, Ángel Mosquera en superveteranos, Alejandro Fernández Seco en xuvenís e Mercedes Saavedra en donas completaban o elenco de campións deste XVII Campionato Galego de Compak Sporting.
Nesta edición, e como proba piloto, tivo lugar unha clasificación por equipos, na que resultaba gañador o equipo composto por Martín Baqueiro Villafines, Manuel Blanco Puertas e Francisco Javier Rivero Martínez con 387 pratos. Antonio Iglesias Otero, Manuel García Pombo e Arturo Embade Rodríguez era o equipo segundo clasificado con 374 pratos. Con 366 pratos e en terceira posición remataba o equipo de Ángel Mosquera Cornide, Juan Carou Rey e Santiago García Bello.
A selección galega quedaba composta polos seguintes tiradores: Daniel Cebreiro García, Daniel Domínguez Treinta, Martín Baqueiro Villafines, Artemio Formoso Barro e Elisardo Cea Cebreiro.
Momentos previos a entrega de premios e durante toda a xornada o campo de tiro Río Sar, con todos os seus tiradores e amigos, enchíase de bagoas nos diferentes actos levados a cabo para render memoria e homenaxe a Emilio López Mosquera, pombas brancas e unhas flores xunto a imaxen deste gran amigo e compañeiro presidiron este campionato que tivo o seu momento máis emotivo cando os tiradores e gaiteiros Antón Moure e Tomás Veiras tocaban a marcha procesional de San Benito dando un último adeus ao compañeiro Emilio.