Tendo de escenario o Tecor de “Santiago de Corneda” (Pol de Piteira), unha boa organización, uns bos campos e nun día no que a chuvia foi a nota negativa da xornada, celebrouse o pasado día 7 de maio o Campionato Provincial de Percorridos de Caza de Ourense. Torneo clasificatorio para o Galego da especialidade no que competiron un total de 41 tiradores que foron repartidos en sete escuadras.
A clasificación nos primeiros postos e por categorías quedou como sigue:
Sénior:
- e campión xeral, Antonio Iglesias Otero, con 90 acertos de 100 posibles.
- e subcampión, Ángel Mosquera Cornide, con 88 dianas.
- Daniel Cebreiro García, actual campión galego, cos mesmos pratos co anterior (ambos desempataron para decidir a clasificación)
- Campión provincial nesta categoría, Xosé A. Vázquez Rivera, con 79/100
Veteranos:
- Ángel Ramón Vidal Quintela, con 79/100
- Antonio Castro Ferreiro, con 77/100
- e campión provincial, Eliseo Faraldo Fernández, con 76/100
Superveteranos:
- Ángel Mosquera Rguez, con 68/100
Damas:
- Mª Mercedes Saavedra Barcia, con 40/100
Handisport:
- Artemio Formoso Barro, con 82/100
- Juan José Iglesias Covas, con 43/100
Xuvenís:
- Alejandro Fernández Seco, con 68/100
- Antón Moure Segade, con 56/100
Salientar que o exercicio comezaba pasadas as nove da mañá e concluía preto das catro da tarde. De seguido un extraordinario cocido foi servido no Restaurante Xardín de O Carballiño. Xantar no que estiveron directivos da Federación de Caza en Ourense, organización e o presidente do Tecor anfitrión, Pepe Otero, quen colaborou de xeito notorio no acontecemento.
Á hora de facer uso da palabra, o mandatario social agradeceu a presenza de todos, mentres o presidente federativo amosouse satisfeito tanto pola participación como polo comportamento deportivo dos competidores, anunciando “sorpresas” para a seguinte edición.