Este revés enmarcase na polémica que se trae a RFEC desde as eleicións do ano 2012
En relación coa Sentenza da sección sexta da Audiencia Provincial de A Coruña, na que se estima o recurso interposto pola RFEC contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia nº 1 de Santiago de Compostela na que lle daba a razón á FGC, resolvendo que a Federación Galega nada debía á Española polas licenzas federativas autonómicas emitidas no ano 2013, a FGC acata a decisión da Audiencia Provincial, pero xa estuda cos seus avogados a posibilidade de interpoñer o recurso de casación, ao considerar que na Sentenza de Apelación non se analiza rigorosamente a controversia, senón que, a entender da FGC, faise unha interpretación totalmente errada sobre a emisión da licenza autonómica e sobre a integración Federación Galega na Española. Neste senso cabe lembrar que, ao igual que ocorreu en Galicia na primeira instancia, outros xulgados de instancia deron a razón no mesmo tema ás federacións de Castela-A Mancha, Castela-León, Aragón, Andalucía e Navarra.
Nas vindeiras semanas o Presidente, Javier Nogueira, ten previsto convocar aos correspondentes órganos da FGC para explicarlle a situación.