Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CANS PARADA CORUÑA
Carnota Ríos con “Halcón” obtén o primeiro posto en Británicos e acada o CACT
14/3/2016

Campionato de A Coruña de Caza Práctica con C.A.C.T

Na xornada do pasado sábado e domingo 12 e 13 de marzo disputábase o Campionato de A Coruña de Cans de Parada na modalidade de Caza Práctica con C.A.C.T.

A organización correu a cargo da Federación Galega de Caza en A Coruña e contando coa colaboración coa RSCE e a Sociedade de Cazadores de Frades.

Cabe destacar os terreos que para dita proba cedeu o Tecor de Frades, coincidindo tódolos participantes na calidade dos mesmos. En ámbolos días, disputaron a proba un total de 34 cans repartidos en tres baterías. Unha primeira de Razas Continentais na que participaban 6 cans, e outras dúas baterías de Razas Británicas, correndo 14 cans en cada unha delas. Os xuízos da mesma correron a cargo de Marcial Ramil Hermida, que exerceu de director da proba, Antonio González, Esteban Cambón Bertoa e José Díaz Fernández.

Foi o participantes José M. Carnota Ríos co seu setter inglés macho "Halcón" o que obtivo 12 puntos coa cualificación de CACT. Co pointer femia de nome “Kia” Fernando Manso Gómez obtiña o 1º EXC e 10 puntos rematando na segunda posición. Xa no terceiro posto e tamén cun 1º EXC remataba René Vale García co seu setter inglés macho “Suayper de Piago”. Belisario Bertoa Súarez co seu setter inglés macho “Galice de la Fougere” obtiña o cuarto posto con 4 puntos e unha cualificación de MB.

Non obtiñan cualificación os participantes en Razas Continentais.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA MENOR
30/10/2024
Clasificados para o Autonómico de Caza Menor con Can

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CETRARÍA
29/10/2024
Os mellores cetreiros na Terra Chá


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza