Gardouse un minuto de silencio pola recente morte de Ana Gómez
O equipo “O Picato”, de Lugo, con catro raposos (machos) e comandado por Roberto Lamazares, foi o gañador da Copa de Caza do Raposo de Lugo (puntuable para a Copa de Galicia) desputada o pasado día 13 de febreiro, vésperas da entrada da estación invernal, e que tivo de epicentro a vila lucense de Portomarín e de esceario as 42.000 Ha. que suman os Tecores das sociedades A Perdigueira, Monte Pena Maior, Gonzar, Pozo dos Mouros, Paraño, San Nicolás, Río Miño, A Trapa, A Devesa, Ribeira do Loio, Río Grande, S. Mamed e Castelo, O Picato, Soñar, O Rosario e O Caneiro. Asociacións que cederon os terreos cinexétios para a súa celebración, nunha convocatoria que reuniu 500 cazadores federados, que desafiaron o mal tempo e proporcionaron un ambiente tan festeiro como grato e deportivo.
Torneo que contou con catro puntos de concentración e de saída, desenvolvéndose baixo a organización da Federación Galega de Caza de Lugo e maila Asociación Lucense de Caza, comezando o exercicio ás 9 da mañá e rematando ás 13:30. Tempo no que se moveron 112 raposos, dos que se abatiron 57 exemplares, o que deixa constancia da abundancia deste despredador. Luís Eusebio Fidalgo, catedrático de Veterinaria na Universidade de Lugo, foi o responsable de dirixir ao amplo equipo de profesionais que o acompañou, no exhaustivo exame e toma de mostras para diversos estudios, que lle practicaron aos animais capturados. Mentres da dirección e coordinación do eventoencargábase o federativo lucense José Manuel Vidal Lamela.
CLASIFICACIÓN
O primeiro posto, como dixemos, foi para “O Picato” con 4 raposos e 2.000 puntos. Completando o podio o equipo “Refaga”, tamén de Lugo, con mesmo número de capturas e puntos, e o grupo “A Lanzada 2” de Pontevedra, igualmente con 4 zorros e 2.000 puntos. De cuarto quedou “Mesón de Crecente”, de Lugo, con 3 raposos e 1.500 puntos e de quinto, “San Cristóbal de Lema”, de A Coruña, coas mesmas pezas e puntos que o anterior. E así ata un total de 23 equipos clasificados, sendo agasallados os nove primeiros (así como o equipo “Os Colegas” de Lugo, este por sorteo), cun lote de productos propios do entroido, ademais dos importantes trofeos e premios que había en disputa.
CLAUSURA
Rematada a proba e pechado o posto de control, levouse a acabo o habitual e pracenteiro Xantar de Clausura o que asistiu un bo número de autoridades locais, provinciais e autonómicas como, a Directora Xeral de Conservación da Natureza, Ana Mª Díaz López, logo de felicitar aos presentes “por ser bos cazadores, deportistas e boa xente”, e prometer na súa oratoria que contaba coa Federación para todo e moi especialmente para confección do novo Regulamento de Caza. Tamén ocuparon sitio de honra na Mesa Presidencial, o Alcalde anfitrión, Juan Carlos Serrano; a Xefa do Servizo de Conservación da Natureza en Lugo, Mª Eugenia Gasalla; o presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira Diz; o presidente Provincial da Federación de Caza, Francisco López Penelas; o presidente da Asociación Lucense de Caza, José Luís Valcárcel; o presidente da Federación Galega de Caza en Pontevedra, Francisco Couselo Castiñeiras e a presidenta de Xóvenes pola Caza, Silvia Díaz Fernández. A meirande parte destas autoridades dirixíronse aos asistentes poñendo de manifesto a importancia da caza, dos cazadores e a necesidade que ten a Administración de contar co ente federativo por ostentala representación oficial do colectivo. Sen embargo o momento máis emotivo foi cando o Alcalde de Portomarín pediu un minuto de silencio pola morte de Ana Gómez, presuntamente asasinada en Becerreá cun disparo de escopeta. Sesenta segundos nos que se gardou un riguroso silencio, para rexeitar o violencia de xénero e, postos en pe, unirse a dor familiar.
En resumen, esta “XI Copa de Caza do Raposo de Lugo”, acadou uns resultados moi positivos, estivo envolta en exquisita deportividade e gozou dun ambiente de gala como solo é posible nos grandes acontecementos con boa organización.