Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RAPOSO LUGO
“Parrillada Antonio” campión provincial
11/1/2016

O pasado 9 de xaneiro disputouse o Campionato Provincial de Lugo de Caza de Raposo nos terreos dos Tecores de Triacastela e Santa Bárbara de Láncara e Sarria.

A proba estivo organizada pola Federación Galega de Caza en Lugo que contou coa colaboración das Sociedades de Caza dos Tecores mencionados anteriormente.

Participaron 16 equipos que baixo unha climatoloxía nada favorable para a práctica da caza, sobre todo para os equipos que cazaron en Triacastela, conseguiron avistar un número elevado de raposos baixo unha intensa choiva que non cesou no transcurso do campionato. 

A pesares de todo, o número de capturas foi significativo acadándose un total de 31 capturas, o que da idea do alto nivel competitivo dos participantes e os seus cans baixo condicións desfavorables.

Foi o equipo “Parrillada Antonio” o que obtiña o primeiro posto con 5 capturas seguido en segunda posición polo equipo “Cordal de Ousa” con 4 capturas. Con tamén catro capturas pero en terceira posición remataba o equipo “Aparta que ahí vamos”. A estes tres equipos acompañaraos o equipo “A Xesteira” conformando a representación lucense no vindeiro Campionato Galego da especialidade.

O acto de clausura e a entrega de trofeos deste campionato tivo lugar no Hotel Alfonso IX de Sarria, ocupando a mesa presidencial, as alcaldesas de Sarria e Triacastela, Pilar López Yáñez e Olga Iglesias Fontal, o vicepresidente da FGC José Luis Valcárcel Yáñez, o Comandante do Posto G. Civil de Samos e os Presidentes dos Tecores de Triacastela, Fco. Javier Porral e Santa Bárbara, José Rego. 

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza