No serán do pasado venres 18 de decembro tiña lugar a xuntanza do órgano de representación máis importante da Federación Galega de Caza, a Asemblea Xeral.
O Hotel Congreso, sito na periferia da capital galega, acollía a medio cento de representantes do colectivo de cazadores federados para tratar importantes asuntos federativos no remate deste exercicio 2015.
Ás 18:00 horas, en segunda convocatoria, daba comenzo a asamblea coa aprobación da acta da asamblea anterior celebrada no pasado mes de abril.
A continuación, o presidente Javier Nogueira daba paso ao análise dos orzamentos para o exercicio 2016, recibindo a aprobación unánime dos asambleistas.
No terceiro punto da orde do día, aprobouse as modificacións dos estatutos da FGC. Un dos obxetivos desta modificación foi a incorporación do colectivo de “xuventudes pola caza” que estará integrado por cazadores federados menores de 31 anos, coa premisa de acadar o tan necesario relevo xeracional.
Un dos últimos puntos da xornada eran os informes de Presidencia. Neste espazo, o presidente da FGC, Javier Nogueira, repasaba as actuacións que se desenrolaron dende a pasada asemblea de abril.
Como dato destacado, decir que no derradeiro punto da orde do día, rogos e preguntas, a asamblea acordou trasladarlle a Consellería unha suxerencia realizada por un membro da asamblea, na cal se solicita á Administración que leve a cabo un riguroso estudo da problemática da caza menor en Galicia, en especial a do coello de monte.
Finalmente, ás 21:00 h dábase por rematada a Asemblea Xeral da Federación Galega de Caza con total unanimidade en tódolos acordos tomados.