Igualdade e bo facer dos 30 participantes que tomaron parte no Campionato Provincial de Caza de Arceas de Pontevedra disputado o día 21 do pasado mes de novembro entre ás nove da mañá e as dúas da tarde. Cinco horas de exercicio que transcorreron nas 26.000 Has. con que conta o Tecor de Forcarei e nas que se viron menos “xordas” das que se vaticinada na véspera, pero tamén nas que se capturaron máis pezas das que se pensaba ao momento de dala saída. Opinións que fundamentaban os entendidos no feito de non haberse efectuado ningunha entrada importante de “chochas” este ano.
Unha proba do máis natural, dura e moi competitiva. Tanto así, que mentres o campión da pasada edición Andrés Pereira, non chegaba a puntuar nesta ocasión, os seis primeiros clasificados non pasaron dunha captura por cabeza, a pesar dos esforzos e sacrificios que fixeron por ver se superala criba que supón este fase.
CLASIFICACIÓN
1º e Campión provincial 2015, José Antonio Rodríguez Rodríguez, da Sociedade “Pestica” de Ponteareas, con 500 puntos.
2º e subcampión, Ramiro Ramírez Lorenzo, representante da Sociedade de Cuntis, con igual puntuación.
3º, José A. Vasconcellos Vicente, da “Rosaleña” cos mesmos puntos cos anteriores.
4º, Rafael Vázquez Cores, Sociedade “Rías Baixas”, tamén con 500 puntos.
5º, Daniel Facorro Valiñas, da Sociedade “San Verísimo” (Cuntis), igualmente con 500 puntos.
6º, Gustavo Alonso Rodríguez, da Sociedade “Gondomarense”, así mesmo con 500 puntos.
Os cinco primeiros representarán a provincia de Pontevedra na final galega de especialidade, mentres e o sexto queda de reserva.
Salientar por último, que as pezas abatidas foron case que todas pilladas ao pouco de comezar a competición. Por exemplo, o campión, que por certo quedou practicamente toda a mañá sen a axuda do seu can o marchárselle cun corzo, abatía a arcea os quince minutos de empezar o Campionato. Tamén, qué Belén Sanmartín, da Sociedade “Coirego” (O Pelete), foi a única dona participante facendo de xuíz de campo de Javier Calvo (Sociedade A Rosaleña). Así mesmo, que o exercicio transcorreu, nunha mañá fría, polas canles máis deportivas que un poida imaxinarse, resultado unha excelente gala dos becadeiros de Pontevedra.
Para rematar dicir, que a modo de broche final celebrouse, como ven sendo costume, un Xantar de Clausura o que estivo presidido polo presidente federativo, Francisco Couselo e maila Alcaldesa de Forcarei, Belén Cachafeiro Anta, asistindo tamén o presidente do Tecor, José González Picón e o Director da Proba, José Manuel Martínez, entre outros. O final do mesmo entregáronse os trofeos correspondentes os gañadores.