O pasado sábado 24 de outubro desputouse nos terreos do Tecor pontevedrés de A Cañiza, o Campionato Provincial de Pontevedra de Caza Menor con Can organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra en colaboración coa Sociedade de Cazadores de A Cañiza.
O campionato trascorreu sen imprevistos e os cazadores poideron desfrutar de importantes lances cinexéticos, en especial sobre os coellos.
Foi o cazador e tirador José Antonio Vasconcellos Vicente o que se impuxo neste provincial ao acadar un total de 400 puntos ao derrivar 2 becacinas. Iván Moure González, ata ese día o actual campión, obtivo o segundo posto con 350 puntos ao entrar no control con 1 coello. En terceira posición remataba Juan José del Río Solla con tamén 350 puntos.
No tradicional xantar de irmandade tivo lugar a entrega de premios por parte das autoridades alí presentes entre as que se atopaba o presidente da FGC en Pontevedra Francisco Couselo, o presidente da Sociedade de Caza A Cañiza José Filgueira, o sarxento da Garda Civil Fernando González e o alcalde de A Cañiza Miguel Domínguez.
Acudirán ao Campionato Autonómico da especialidade en representación da provincia de Pontevedra os seguintes cazadores: José Antonio Vasconcellos Vicente, Iván Moure González, Juan José Del Río Solla, Roberto Garrido Moreira e Julio González Souto.