Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RASTRO COELLO
Alfonso Rey Baulde, con “Dono”, “Arto”, “Alco” e "Buda” gañou o provincial de cans de rastro (coello) de Pontevedra.
26-09-2015

Organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra. Cunha climatoloxía veraniega. Tendo de esceario o Tecor da Sociedade  “Verde Seixo” de Pontecaldelas e unha participación que ascendeu a un total de  15 concursante (60 cans), o pasado día 26 de setembro disputouse o “XXII Campionato Provincial de Cans de Rastro (modalidade Coello), clasificatorio para o Galego da especialidade.

A concentración levouse a cabo ás 7,30 da mañán no Centro Cultural “Alborada” de Caritel, comenzando o exercicio  media hora despois e rematando sobre das duas da tarde. De xuíces actuaron os colexiados Emilio Bolaño. Xosé Moure. Oscar Caamaño e Ramón Collazo. E de auxiliares: Xosé Manuel Pallas. Xosé Prieto. Francisco Vigueira e Xosé Carlo Arosa. Mentres,  como Director da proba, facíao Nicolás Castro.

Clasificación:

1º E Campión, Alfonso Rey Baulde, quen se acompañou dos pettit basset grifón vendeanos, “Alco”, que sería elexido o mellor can do Campionato con 150 puntos; “Arto”, “Dono” e “Buda”. Acadou 545 puntos.

2º e subcampión,  Victor Casquero, con “Peca”, “Rex”, Cora”e “Sol”. Fixo 487 puntos.

3º, Sergio Martínez, con “Chiri”, Mini”, Paloma” e Marquesa”. Logrou 436 puntos.

4º, Julio González, con “Blas”, “Farruco”, “Noa” e “Messi”. Sumou 371 puntos.

Os tres primeiros representarán a esta provincia na seguinte fase, o Campionato Autonómico desta disciplina, e o cuarto queda de reserva.

No apartado de comentarios cabe destacar a cativeira presenza de coello nos campos elexidos e a dificultade dos mesmos. Sen embargo, a comprensión dos cazadores, o fenomenal ambiente vivido e a excelente deportividad, compensaron con creces esa deficiencia coelleira. CLAUSURA

Una xantar de confraternidade celebrado no Centro Cultural “Alborada” de Caritel, puxo o broche final a este acontecemento venatorio. Manduca á que asistiu a Alcalde de Ponte Caldelas,  Andrés Díaz, o que se ofreceu a caloborar no futuro coa celebración destes eventos; a sua compañeira, Isabel Pregal e tamén o Concelleiro de Deportes, cazador él e integrante da cuadrilla de caza maior de Cotobade,  Xosé Manuel Martínez, así como o presidente da Sociedade de Caza Xosé Ramón Blanco e o presidente da Federación provincial Francisco Couselo. Aos postres entregaronse os trofeos e diplomas acreditativos os gañadores.

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza