Accidentes como o ocorrido este sábado na localidade de Arbo, en Pontevedra, na que un cazador resultaba ferido por un rebote de bala, lémbranos unha vez máis que a precaución debe ser unha constante en cada unha das saídas de caza.
Por iso, a FGC pide a tódolos cazadores galegos que extremen ao máximo as medidas de seguridade no exercicio da caza, e aproveita, unha vez máis, para lembrar as medidas de seguridade que deben adoptarse, xa que a seguridade na caza depende en gran medida das precaucións que cada un tome.
Recomendacións
- Descargar as armas antes de manipulalas.
- Respectar as normas de seguridade establecidas, con especial atención nos ganchos e monterías
- Descargar la arma cando se salte un valado, un cercado, e mesmo ao atravesar un regato ou cando camiñemos por lugares con risco de esbarar ou caer.
- Antes de efectuar o disparo comprobar que non se atopa ninguén dentro do campo de acción.
- Disparar cara ao chan, e nunca por enriba da liña do monte.
- Non disparar sen asegurarse previamente que se trata dunha peza de caza
- Descargar as armas unha vez rematada a cacería
- Dirixir os canos das armas cara ao chan ou ao ceo tanto ao cargalas como ao descargalas.
- O uso de chalecos reflictantes ou roupa de cores vivas aumenta a visibilidade e proporciona seguridade.
- No caso dos ganchos e monterías, as normas de seguridade mesmo deben ser máis estritas, si cabe, que na caza menor, por iso é sumamente importante sinalizar que se está a celebrar unha cacería, e acatar as ordes do responsable de cacería, que é a persoa encargada de organizar os cazadores durante o seu desenvolvemento, cuxas instrucións deberán obedecer tódolos cazadores participantes.
- Na caza maior, o uso de emisoras proporciona seguridade e facilita a colocación e localización de cazadores e cans
Decálogo da Seguridade na Caza