Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
SAN HUBERTO
Jorge Martín, Saturnino Pereira e Nicolasa González foron os campións galegos en Mazaricos
20/7/2015

XVIII Campionato Galego de Caza San Huberto

Ata un total de 25 cazadores participantes nas diferentes categorías acudiron á edición XVIII do Campionato Galego de Caza San Huberto disputado no concello coruñés de Mazaricos. Organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración da sociedade de caza Halcón de dito concello.

Foi un campionato moi duro e complexo, no que a adversa climatoloxía foi un hándicap a cal se tiveron que adaptar tanto participantes como organización. Unha intensa néboa dende primeira hora fixo imposible realizar o campionato pola maña e os participantes e a organización tomou a decisión de xantar e polo serán retomar a competición noutros campos con altitude inferior e onde a néboa era inexistente.

Foi o cazador Jorge Martín o que con 81 puntos acadaba o primeiro posto e se convertía no Campión Galego de Caza San Huberto na categoría masculina. Extraordinaria actuación realizada polo xoven participante Unai Arteche que con 60 puntos obtiña o subcampionato e a medalla de prata. Ramón Picallo con 42 puntos completaba o podio en terceira posición. Xunto a estes 3 cazadores o barrage final estivo composto por Edelmiro Leira, René Vale e José Otero.

Na categoría de levantadores o gañador absoluto era Saturnino Pereira con 69 puntos, converténdose en Campión Galego. A medalla de prata era para Eloy Rodríguez tras completar un percorrido con 60 puntos.

En damas o título de campioa galega recaía na cazadora Nicolasa González con 68 puntos. Con 61 puntos e xa en segunda posición remataba Sandra Rodríguez. Ana Isabel Arbiol tíñase que conformar co terceiro posto tras realizar un percorrido que lle reportou 60 puntos.

Ás 22 horas, coa entrega de premios nos campos de participación poñíase o punto e final a este autonómico de Caza San Huberto.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza