Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CONDENA
A FGC lamenta que o triste asasinato de Arbo sexa relacionado coa caza
6/7/2015

Ante as informacións aparecidas en dous diarios de máxima difusión na nosa comunidade, como La Voz de Galicia e Faro de Vigo, sobre o triste asasinato que tivo lugar na localidade pontevedresa de Arbo, a Federación Galega de Caza lamenta a utilización unha foto do detido como sospeitoso posando cunha captura de caza e unha escopeta, relacionando en certo modo esta actividade cunha posible actitude violenta.

A FGC condena este crime, e trasládalle a familia e amigos dos falecidos as súas máis sinceras mostras de dor e apoio, mais lamenta que unha vez máis a prensa trate de relacionar a afección pola caza coa violencia.

A caza é unha afección practicada por case 50.000 galegos, que non clasifica en modo algún a personalidade dos seus afeccionados, aos que non se lles pode relacionar sistematicamente con este tipo de actos deplorables, ao igual que non se relaciona a outros afeccionados ao fútbol, ao baloncesto, ao ciclismo ou a calquera outro deporte.

A FGC reclama a eliminación destas imaxes e prégalles aos medios de comunicación unha maior sensibilidade ao tratar de retratar aos presuntos autores deste tipo de crimes, e non relacionalos con lixeireza con un colectivo que nada ten que ver con eles.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

RULA
05/03/2025
Europa confirma que España cumpre os requisitos para cazar a rula de forma sostible na tempada 2025/26

MANIFESTO XUNTA GALICIA
02/03/2025
Manifesto institucional da Xunta de Galicia en contra da violencia no Deporte

OBSERVATORIO CINEXÉTICO
26/02/2025
Cazador e tempo de traballar pola caza! súmate á campaña de censos do Observatorio Cinexético

FORMACIÓN
24/02/2025
Xornada de Cans de Caza


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza