Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril
Ata o concello coruñés de Santa Comba desprazáronse na xornada do pasado sábado 27 de xuño 16 monteiros con 25 cans para participar na fase provincial de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril organizado pola Federación Galega de Caza de A Coruña e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores do Tecor de Xallas.
Co termómetro acadando valores moi altos disputouse unha edición máis deste provincial do que o alto nivel dos participantes foi a nota predominante.
Foi o monteiro José Luis Iglesias Neira o que acadou o primeiro posto co seu sabuxo “Cañón” cun total de 210,5 puntos converténdose no novo campión provincial da especialidade. O xoven monteiro Manuel Rodeiro Louzao con “Rato” facíase co segundo posto da clasificación xeral con 208,5 puntos. Con 196 puntos o terceiro posto do podio era para Juan Fernández Vecino co grifón azul de gascuña de nome “Duque”.
A selección provincial que representará A Coruña o vindeiro sábado no campionato autonómico que se disputará no concello lucense de Meira quedou composta polos seguintes monteiros: José Luis Iglesias, Manuel Rodeiro, José Manuel Barreiro, Javier Devesa, Carlos A. Arnoso, Michael Otero, José Paramos e Miguel Arnoso.