Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RASTRO XABARIL OURENSE
Jesús Ares con "Olé", campión provincial e Francisco Rodeiro con "Cho", gañador da proba
23/6/2015

Tendo de escenario terreos do Municipio de Baltar e de organización á Federación Galega de Caza de Ourense, a que contou coa colaboración da Sociedade Venatoria Locataria, o pasado día 21 de xuño disputouse o Campionato Provincial de Rastro de Xabaril. Cita deportiva á que acudiron un total de 10 competidores e 18 cans, actuando de xuíces os titulares Alejandro González e Xosé Montoiro.

O exercicio, que comezou máis tarde do previsto (sobre das 10 h.) e rematou más axiña do que se agardaba (13,30 h.), desenvolveuse no campo denominado a “Labrada Vella”.  A final foi levada a cabo no termo da “Viduesa”, onde se acadaran as mellores marcas da proba.

Clasificación

A clasificación nos primeiros postos quedou deste xeito:

1º e campión da proba, “Cho”, de Francisco Rodeiro Eiras, con 219,5  puntos.
2º e subcampión, “Piñón”, de  Álvaro Fontenla, con 212,5 puntos.
3º “Rato” de Francisco Rodeiro Eiras, con 211 puntos.
4º “Tito”, de Antonio Sánchez Sesto, con 208 puntos.
5º “”Vikingo”, de Salvador Sestelo Núñez, con 193 puntos
6º e campión provincial de Ourense, “Olé”, de Jesús Ares, con 187 puntos.

O Campionato foi seguido por bastantes afeccionados e curiosos e concluído o exercicio e xa coñecidos os resultados, levouse a cabo un xantar de confraternidade que resultou tan ameno como agradable dada a camaradería, unión e deportividade amosada, ao igual que durante toda a xornada, polos participantes. Foi ao remate da comida cando se procedeu á entrega de trofeos e á clausura do evento, correndo tódolos actos oficiais  a cargo  do federativo Manuel Feijóo e do Presidente da sociedade local, Manuel Díaz Sueiro. Quen non puido estar foi o federativo José Castro Rivela, quen momentos antes recibiu a mala nova do falecemento da súa nai e a quen queremos acompañar no sentimento e darlle ánimos dende esta páxina.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
14/04/2025
Manuel Piñeiro con “Zidane” gañador en Ferrolterra

PROVINCIAL CORUÑA PERCORRIDOS CAZA
07/04/2025
Antonio Iglesias proclamouse campión provincial de percorridos de caza

XABARIL KARSITA
07/04/2025
O monteiro Francisco Rodeiro acada o primeiro posto con “Pistolas” en Vilagarcía

XABARIL SALVAXE CODESEDA
01/04/2025
Rubén Gómez con “Sil” campións en Codeseda


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza