Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CANS DE PARADA E RASTRO
V Campionato “Can de Ouro” Costa da Morte
10/6/2015

Probas Puntuables para a Copa Galicia das diferentes modalidades

Os días 6 e 7 de xuño o Clube “Amigos dos Cans de Caza” en colaboración coa Federación Galega de Caza na Coruña, celebrou no Tecor Sancan do concello de A Baña, o V Campionato “Can de Ouro” Costa da Morte, nas modalidades de Cans de Rastro Atrelados sobre xabaril, Cans de Rastro sobre coello e Cans de Parada.

Foi numerosa a participación, estando presentes os mellores competidores do panorama autonómico das diferentes modalidades.

A competición iniciouse ás 7 da maña do día 6 coa concentración dos participantes na modalidade de rastro sobre coello. Competiron 20 lotes en 5 campos e xulgados cada un por dous xuíces, sendo as condicións climatolóxicas ideais para a disputa destas probas.

En rastro de xabaril participaron por 18 cans e os terreos foron cualificados por todos os concursantes como inmellorables e con igualdade de condicións para todos os monteiros.

A proba de Cans de Parada, celebrouse o día seguinte concursando un total de 25 cans Británicos e 3 Continentais. As temperaturas elevadas e o vento constante e sin cambios de dirección, fixeron que a proba tivese un éxito total xa que se presenciaron estupendas mostras, tanto en cans de raza británica como en continentais.

En Rastro de Coello, o primeiro posto foi para José Pais Serrano, cos 4 beagles de nome: “Rottweiler, Masao, Gusi e Inu”con 512 puntos. O segundo clasificado, foi o concursante carballés Juan Carlos Casas Cambón, cos beagles “Eros, Era, San e Tula”, cun total de 485 puntos. O bronce foi a recaer en Francisco Abraldes Crujeiras, co seu lote de grifóns vendeanos “Selva, Tula, Fenix e Samba” e unha puntuación de 480 puntos.

O galardón, para o mellor can de rastro sobre coello do campionato foi para “Masao” propiedade de José Pais Serrano.
En Rastro de Xabaril, o gañador foi o can “Bala”, conducido por Francisco Romero, obtendo unha puntuación de 241,5 puntos. Segundo posto e can de prata para “Vikingo”, propiedade de Salvador Sestelo con 225,5 puntos. O terceiro posto foi para Javier Devesa co can “Ludo” e un total de 218,5 puntos.

En Cans de Parada, en razas Británicas o gañador do can de ouro foi José María Carnota co seu setter inglés “Halcón”, que obtuvo un 1º EXC. O subcampionato foi para Carlos Lalin e o seu pointer “Chico”, cun 2ª EXC. Tamén con un 3º EXC remataba en terceira posición o setter inglés de Andrés Pena de nome “Jomper”. En razas Continentais o primeiro clasificado foi o bretón “Bat” do larachés Belisario Bertoa cunha puntuación de 1ª EXC.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza