A proba congregou a 26 equipos e desputouse no concello pontevedrés de Pazos de Borbén
O pasado sábado 23 de maio disputouse en Pazos de Borbén a VII edición da Proba de Aprazamento a Traela de Xabaril de Monte. Unha proba pioneira a nivel nacional e que congregou a 26 equipos compostos por 3 monteiros cada un e desenrolada nos Tecores de Pazos de Borbén, Gargamala-Traspielas, Fornelos de Montes, Mondariz, Soutomaior e Ribadetea-Padróns. A organización da proba correu a cargo da Federación Galega de Caza en Pontevedra contando coa inestimable colaboración das Sociedades de Caza de ditos Tecores nomeados anteriormente. Destacar o traballo de Roberto Carlos Costas Tellado ao ser o artífice e impulsor desta proba que xa é todo un referente no Norte de España onde se practica a tradicional caza do xabaril con cans de rastro.
Un total de 78 monteiros concentráronse a primeira hora da mañá do pasado sábado para participar nesta edición, que a diferenza das anteriores, contaría con novidades. Entre elas o acompañamento de un xuíz con cada equipo coa finalidade de valorar e anotar o traballo e as incidencias que ían tendo cada equipo ao longo da mañá na tarefa de buscar o rastro, rastrexalo e tentar aprazalo xabaril.
As condicións climáticas apuntaban ao optimismo, un día despexado e un vento frouxo fixeron que monteiros e cans puideran gozar do que ven sendo a similitude a unha mañá de caza do xabaril. E os porcos bravos tamén quixeron ser participes e foron deixando o seu rastro polas diferentes manchas da proba. Dos 26 equipos participantes, ata 24 atoparon rastro, 9 deles conseguiron aprazar e o resto ou se lles “moveu o porco” ou sinxelamente non conseguiron aprazar o xabaril dentro desa “armada imaxinaria”.
Rematado o tempo de participación chegou a hora dos xuíces, máis de 30 xuíces reuníanse para discernir a clasificación final aportando os datos e as anotación que foron realizando ao longo da mañá co seu respectivo equipo.
Foi o equipo composto por David Soneira Iglesias, Felipe Pombo Castro e Juan Pombo Castro o que acadaba o primeiro posto desta VII edición. En segundo posición situouse o equipo composto por Manuel Leiro Sanda, Rubén García Leira e Ignacio Barrientos Domínguez. Completou o podio, en terceira posición, o equipo de José Antonio Pérez do Camiño, Adolfo Vázquez e Moises.
A guinda a esta proba de rastro de xabaril púxoa un extraordinario xantar de irmandade entre participantes, presidentes de sociedades, xuíces e autoridades. Entre as autoridades que compartiron mantel atopábanse Javier Nogueira Diz, presidente da Federación Galega de Caza, o cal destacou o enorme traballo realizado por Roberto Costa Tellado na organización da proba así como o bo ambente vivido entre todos os monteiros no transcurso da proba, unha proba pioneira en España como ben apuntaba Nogueira. Antes da entrega de premios, Costa Tellado, fixo unha mención especial aos 33 xuíces que interviñeron na proba e que co seu traballo desinteresado a fixeron posible.