Campionato Provincial de A Coruña de Caza San Huberto
Chegaba unha edición mais da fase provincial de A Coruña da disciplina de Caza San Huberto na que participaron un total de 20 cazadores cos seus respectivos cans.
A Federación Galega de Caza de A Coruña, e sempre coa colaboración da sociedade de caza correspondente, desprazouse nesta ocasión ao concello de Cedeira para que o Tecor de Eixil fose o escenario deste fase provincial de Caza San Huberto.
Unha xornada con boas condicións climáticas fixo que os xuíces Esteban Cambón Bertoa, José Moure Caneda e Manuel Rebordelo Maira tivesen a complexa tarefa de dilucidar a clasificación final que resultou como se segue a continuación.
O cazador Ramón Picallo Piñon facíase con este provincial de Caza San Huberto ao completar un percorrido, co seu setter inglés de nome “Risto”, que lle reportou unha puntuación de 79 puntos. Moi de preto, con 77 puntos, seguía a Picallo o participante Serafín Corral Vázquez co setter inglés “Balu”. Edelmiro Leira Pérez, co tamén setter inglés “Verdi”, remataba en terceira posción con 67 puntos.
Na disciplina de Springer o campión era Eloy Rodríguez Martínez con “Uncle-sam” e 51 puntos. Con 41 puntos o subcampionato era para Juan José Canosa Vigo con “Thor”.
En Damas a campioa era Nicolasa González Carrodeguas co pointer “Río de los Aluches” ao completar un percorrido con 72 puntos. A medalla de prata era para a cazadora Sandra Rodríguez Rego co setter inglés “Don das Fontiñas” e 37 puntos.